Nota de Prensa do Bng de Ribadavia: O primeiro ano de mandato municipal en Ribadavia é o exemplo dun grupo de goberno sen iniciativa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Chega o primeiro aniversario da elección de alcalde, o 15 de xuño de 2019, cúmprese un ano de mandato municipal que confirma os presaxios cos que o grupo municipal do BNG encaraba a nova lexislatura. Ribadavia está sen orzamentos, sen proxectos significativos e conta cun goberno ocupado meramente no día a día e incapaz de resolver os grandes desafíos de futuro.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Contando cun alcalde que forma parte da xunta de goberno da Deputación provincial e que foi durante anos deputado no Parlamento galego, co seu partido gobernando ambas institucións, non hai excusas para a falta de compromiso que a Xunta e máis a Deputación teñen con Ribadavia.

Neste panorama, cun alcalde que prefire ser un delegado do PP, os grandes proxectos de Ribadavia están parados: residencia da terceira idade, centro de saúde, transporte público ou mellora no suministro de augas. Tampouco chegou ningún investimento neste ano: nin implantación de empresas, nin vivenda. O único que nos ten chegado nestes doce meses son os recortes de Feijóo nos servizos da sanidade e da educación pública.

Non nos resignamos a que estes sexan catro anos perdidos para Ribadavia, o BNG acode a todas as negociacións e debates con propostas, con vontade de chegar a acordos, exercendo a crítica constructiva diante dun goberno do que estamos moi alonxados, pero tendo claro que para o futuro de Ribadavia é mellor o diálogo e o acordo entre distintos ca parálise.

O BNG, seguirá optando por dialogar con todos os demais grupos municipais nos asuntos de interese para Ribadavia. É o mellor para Ribadavia, pero eses asuntos de interese, eses grandes proxectos seguen sen chegar ao Pleno municipal.