Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

25-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Carlos A. Rodríguez Calvo (O Carballiño, Ourense, 1954).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dobremente licenciado en Ciencias da Información (especialidade de Periodismo), e en Ciencias Políticas e Socioloxía (especialidade de Socioloxía), na Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria profesional no ámbito dos medios de comunicación en Galicia desde finais dos anos 70 ata ben entrado o século XXI.

Nas aulas da Complutense coincidiu con Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Alfonso Eiré, Lois Celeiro, entre outros dunha boa fornada de xornalistas que comezaron o oficio na nacente democracia.

No seu tempo estudiantil en Madrid, acolleuse no colexio maior San Juan Evangelista, daquela “un templo cultural de Madrid: club de Jazz, teatro, cine, literatura, música (levamos a Fuxan os Ventos no seu primeiro concerto en Madrid, cando ían gravar o seu primeiro disco e lles axudou a pagar a viaxe)”.

Frecuentou o Ateneo de Madrid (foi socio durante cinco anos), onde fixo amizade cun histórico das nosas Letras, o celanovés Celso Emilio Ferreiro, que presidía a Aula de Galego do Ateneo e tiña alí un pequeno despacho.

Na prensa escrita, Carlos Rodríguez foi xefe de redacción en Atlántico Diario de Vigo e xefe de sección en La Región de Ourense. No medio radiofónico, foi director de RCE Ourense, director de RNE Pontevedra e subdirector de RNE Galicia en A Coruña. Foi Xefe de Programas e de Informativos de Radio Galega en Santiago, e membro do Consello de Administración da Compañía Radio Televisión de Galicia.

Fundou a Radio Municipal do Carballiño, que dirixiu durante seis anos desde 1999. Na esfera da administración pública, foi xefe de gabinete do conselleiro de Medio Ambiente da la Xunta de Galicia, Pachi Vázquez, durante o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño (2005-2009) e técnico de Cultura e responsable de Comunicación do Concello do Carballiño desde a súa reincorporación en 2012 ata a súa recente xubilación.

E na vertente cultural local, participou na xénese da Agrupación Cultural Avantar e da revista cultural Orcellón nos anos 70, na que foi un colaborador frecuente.

Asemade, foi promotor e cofundador do Centro de Estudios Chamoso Lamas en 1994, que preside desde febreiro do pasado ano. Tamén ten colaborado en diversas edicións das Xociviga ao longo da súa historia, en particular no período 2016-2018.

Ademais, foi xurado do Premio Pura e Dora Vázquez de literatura xuvenil e infantil, da Deputación Provincial de Ourense, e mantedor nunha edición do Premio Antón Losada Diéguez.

En canto a publicacións, foi coautor, xunto con Xosé Luis Diz, de “Carballiño, Guía de la Villa y Comarca” para a promoción turística do Carballiño, editada no ano 1982 polo concello local, e ten colaborado coas revistas Ágora de Orcellón (Instituto de Estudios Carballiñeses), e Argentarium (Centro de Estudios Chamoso Lamas).

A súa primeira incursión no eido literario de ficción é a recente publicación, en decembro do pasado ano, da novela “El hombre blanco del río Nieva” (Distrito 93), baseada na historia do emigrante ribeirao Alfonso Graña, alcumado o “rei dos xíbaros”, na Amazonía peruana. Dase a circunstancia de que esta obra foi unha das dez finalistas no ano 2017 do XXII Premio de Novela Fernando Lara, considerado un dos galardóns máis importantes de narrativa en lingua castelá.





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “