Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

17-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Abelardo Santorum Alonso (Bos Aires, Arxentina, 1921-Ourense, 1975)

[Esta sección divulgativa, intenta dar a coñecer a quen no pasado ou no presente, usan a escrita como ferramenta varia. O único criterio seguido é o da variedade: xunto a nomes coñecidos, os que o son menos; xunto a traxectorias longas, as curtas; e por veces, creadores atípicos…].

Abelardo Santorum Alonso (Bos Aires, Arxentina, 1921-Ourense, 1975) foi un caso singular, centrado na obra poética e optando pola autoedición (daquela iso non se matizaba).

O seu pai, orixinario de Vilanova de Arousa, é a súa nai, de San Facundo de Cea (alí foi crego de 1956 a 1963), acordaron regresar a España en 1932, cando Abelardo contaba con 11 anos de idade, e poucos anos despois entrou no Seminario, para converterse en sacerdote en 1948.

Hai coincidencia en asegurar que máis alá de salvador de almas e do seu escaso apego ao estudio (fracasou na Universidade Pontificia de Salamanca), Abelardo vivía entregado ás musas do Parnaso, iso si, escorado á poética espiritual como admirador dos místicos.

De axitada vida persoal e emocional, seica que “psicológicamente una personalidad bastante insegura, con fallos de integración afectiva y social, no exenta de esfuerzos en este sentido, pero siempre con altibajos. Era como un niño grande. En perpetuo `desacougo´, desde pequeño”, que así o describe o seu biógrafo, o canónigo da catedral ourensán J.R. Estévez Gómez (“Abelardo Santorum, un gran poeta olvidado”, Auriensia, nº 14, 2011), que máis alá dun entusiasmo desmedido pola talla poética do aludido, agradécese que evitase a haxiografía e introduza aspectos en claroscuro dun crego, que cara ao seu remate (xa moi enfermo por unha diabetes que nunca coidou, e que o tiña case cego), “su vida le resultó bastante agradable y fecunda, aunque al final alborotada por la incursión de una mujer problemática en su vida afectiva”.

O relator e amigo de Abelardo nos últimos anos, (mesmo presidiu o seu funeral en San Facundo, e leu un soneto, “Muere la tarde”, que lle ditou o propio Santorum pouco antes de morrer no Hospital Provincial), fala “de sus devaneos amorosos y hasta de su `chifladura´ por Sor María del Carmen Torres, una de las monjas de la Divina Pastora, de Moaña, que le sorbió el coco (sic)”.

Que mellor que a voz redactada polo mesmo Estévez Gómez para a Gran Enciclopedia Gallega, arredor de Santorum “(…) Su obra, en gallego y castellano, fundamentalmente inédita (Biografía dunha volvoreta, A roda, O Libro de Xob, Poesías de Navidad, Sonetos, Obra poética varia, etc.), su azarosa existencia y su perpetuo `desacougo´, nos lo revelan como un hombre de acusado temperamento poético, de fina sensibilidad inquisitiva en torno a los caminos de la vida, de gran capacidad de concentración expresiva, de un grafismo característico en su identificación e inspiración campesina, pero en moldes de ajustado tratamiento clásico, y de un constante y profundo sentido —casi místico— de lo transcendente.”.

Seica deixou moita poesía inédita e publicou en colaboracións varias -entre elas nalgún programa de festas do Carballiño-, pero a publicada tampouco é abondosa e pouco lucida en canto a edición: “Viacrucis” (autoed., 1968), “Remol do estrelecer. Poemas o Nadal” (1970, La Región, con catro debuxos de Carlos Quesada), e tres sonetos no libro colectivo “Poemas e contos da Festa da Mimosa” (Gráficas Bendaña, 1972). [Agradezo o retrato dxo autor, a Evaristo Rodríguez, veciño e bo coñecedor da historia de Cea].




Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “