Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual


12-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ramón Caride Ogando (San Cristobo de Cea, Ourense, 1957). Un dos escritores máis prolíficos da literatura galega das últimas catro décadas, con preto dun cento de obras, en particular na especialidade infantil e xuvenil.

Licenciado en Bioloxía pola USC, comezou como profesor de ensino secundario en Madrid e Murcia, entre outros lugares, até a súa xubilación a finais do 2017 no IES Ramón Cabanillas, de Cambados, vila na que reside desde hai anos, e aí temos coincidido en esporádicos proxectos comúns.

Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da cambadesa asociación cultural A Santa Compaña, onde promoveu a revista homónima.

Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego. Creou as series xornalísticas Blues da fronteira (La Voz de Galicia), O libro de area (Faro de Vigo), e colaborou en suplementos culturais (Galicia Literaria, Faro das Letras, La Ría del Ocio, Arousa-Un mar de cultura).

É un dos iniciadores da CF galega e autor dunha das primeiras novelas do xénero nesta lingua, Soños Eléctricos (Xerais, 1992), galardoada nese ano co premio Blanco Amor de novela.

Tamén recibiu galardóns como o premio de Poesía Cidade de Ourense no 1994, por Flor no deserto; premio Merlín en 1995, por Perigo vexetal; Accésit do Premio Miguel González Garcés no 1998, por Xeografías do sal; premio Risco de Literatura Fantástica no 2003, por O sangue dos camiños; premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos), por A negrura do mar: premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2007, por O frío azul; e premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º de Primaria en 2014, por A pomba dona Paz, entre outros.

Como autor de relatos publicou tamén os volumes: Os ollos da noite (1990); Crónica de sucesos (1991); Lumefrío (1994); Fendas no tempo (1995); A incerteza dos paraísos (2000), Boca da noite (2003) e máis recentemente A velocidade crítica (2021).

É coautor de varios libros colectivos de narrativa como Narradores de cine (1996), Novo do Trinque (1997), E dixo o corvo… (1997), Palabras con fondo (2000), Historias para calquera lugar (2001), Longa língua (2002), ou Narradio (2003), entre os máis salientables.

Como poeta, ademais das citadas, tamén escribiu Diacrónica (2002), poemarios recollidos xunto a outros no recompilatorio As máscaras de Crono (Poemas 1994-2002).

Na súa produción infantil e xuvenil, marcada sempre pola problemática ecolóxica, aparecen títulos como: Micifú e os seus amigos (2000); Ruki, o rato robot (2003); e a peza teatral Historia dunha sobreira (2001); destacando a serie As aventuras de Said e Sheila, ilustrada por Miguelanxo Prado que apareceu completa con este título, no seu primeiro ciclo (Xerais, 2001).

Sheila e Said representaron unha auténtica novidade dentro do sistema literario galego, obtendo unha grande acollida entre o público xuvenil, desde a primeira entrega da serie, Perigo vexetal (Premio Merlín, 1995), obtendo un éxito inmediato, con sucesivas reedicións e traduccións ó euskera, español e portugués.

A esta obra seguiron Ameaza na Antártida (1997) e O futuro Roubado (1999). A cuarta entrega da serie, A negrura do mar, actualmente no prelo, publicaráse simultáneamente en Portugal e Galiza; e marcará o comezo do segundo ciclo destes personaxes.

[Para a redacción desta voz, foime de utilidade a biografía recollida na web da AELG].



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “