Encontro de Arqueoloxía no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Amaro.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Idade do Ferro no noroeste peninsular, eixo do I Encontro FLC no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Na mañá deste sábado celebrouse o I Encontro Florentino López Cuevillas sobre a Idade do Ferro en Galicia e o noroeste peninsular no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa-PACC Lansbrica (San Amaro). Este encontro rendía ademais homenaxe á figura de López Cuevillas, de feito a estaba dedicada a primeira ponencia do programa: ”F.L.C, un pioneiro do estudo científico dos castros”, a cargo de Xulio Rodríguez González.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Despois estaba prevista a intervención de Yolanda Álvarez González, co relatorio: “10 anos de intervencións arqueolóxicas na Cidade de San Cibrao de Las”. Tamén se abordaba a ”revolución das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica, a súa aplicación en castros galegos” da man de César Parcero-Oubiña, e tamén a realidade castrexa dende a perspectiva de xénero con Andrea Mouriño.

Ademais, o arqueólogo Xurxo Ayán expoñía a escavación do castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón, Lugo) como un exemplo de “arqueoloxía en comunidade”. Finalmente, tiña lugar o relatorio ”Pensan as galegas e os galegos en castros?” de Manuel Gago Mariño. As xornadas pechábanse cunha degustación de viño do Ribeiro.