Manuel Herminio: “Traballadores  e tamén  consumidores”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Despois des escoitar na boca de determinados líderes da dereita falar de “mafia sindical e de terrorismo sindical” xunto a  outras lindezas referíndose á folga xeral vivida hai uns días, como moitos cidadáns fágome unha pregunta: que sería das empresas e os medios de produción se non houbera traballadores que  fan camiñar e producir á  estas e á vez son consumidores? Poderían seguir existindo? Poderán as maquinas  substituír na súa totalidade ás persoas? Entendo que estas preguntas ben merecen unha pequena reflexión.

Vivimos nun mundo complexo no que ningunha das partes ou sectores que o conforman poden existir illadas dado que se necesitan, polo que tampouco poden  ser excluída a parte social, dado que cumple unha doblefunción. Vivimos tamén nun mundo onde as diversas ideoloxías loitan por impor o seu proxecto ideolóxico pra, en teoría, mellorar a nosa existencia. Mais co paso moitas  de xeracións a sociedade ten a experiencia de que toda ideoloxía, por moi boas intencións que reflicta nos seus principios, levada ó extremo xera abusos que crean desigualdades e  indefensión dunha parte maioritaria do seu tecido social. Exemplos hai abondo. Nos países comunistas a aplicación da ideoloxía  que pretendía todo dentro do estado creou unha clase dirixente que vivía con prebendas pra manter un sistema que afogaba as liberdades e a millóns de cidadáns. O seu fracaso levouno case á desaparición. 

Pola contra,  a economía liberal predica que todo debe estar fora do estado. Ou sexa, todo debe ser regulado pola lei da  oferta e da demanda sen que ningún poder público interveña nesta cuestión. Mais os anos vivimos demostran que cando non existe un contrapeso que equilibre estes espazos  ideolóxicos, todo o poder queda nas  mans dos poderosos, sendo a parte social  sempre a prexudicada. Velaí dous sistemas contrapostos que hoxe se enfrontan no mundo. O primeiro está eliminado case na súa totalidade. Xa non quedan países que o manteñan, coa excepción dunha  Cuba en suma pobreza e de Corea do Norte un estado ditatorial militarizado e unha China que dentro da ditadura optou polo capitalismo. 

O liberalismo con certas intervencións dos estados campa hoxe en case todo o mundo. O exemplo da motoserra de Milei admirada á calada pola dereita española, é aplaudida  polos seguidores de Trump xunto coas  súas marcas brancas no noso estado. E diante esas dúas ofertas navega o mundo  a día de hoxe.  Por un lado no noso Estado está o liberalismo feroz que ten como primeiro obxectivo controlar os servizos públicos importantes como a sanidade, a educación  e outros pra logo, dende a óptica da  privatización gañar cartos e rematar co estado de  benestar- Todo deixando a parte social, ó igual que acontece nos EE.UU. nas mans de corporacións que soamente buscan o negocio sen máis.  Polo que,  partindo desa afirmación, pódese extraer a conclusión de que, vivindo nun espazo onde, salvando casos concretos de servizos,  o liberalismo económico está inmerso na sociedade,  é necesario un contrapeso que defenda á parte social pra manter un equilibrio entre esas dúas partes. E por iso os partidos e os sindicatos están recollidos no texto constitucional como algo básico na nosa sociedade. Pois todo o mundo sabe que a día de hoxe os traballadores e xubilados tamén son, somos  consumidores. Polo que o exabrupto de mafia sindical non ten cabida nas declaracións dos que aspiran a gobernar este noso Estado. A caso xa perdemos a memoria e ninguén se lembra dos avances sociais que nos  trouxeron ata os nosos días as xentes que loitaron polos deireitos sociais? Pois foron os sindicatos. 

Pode que, como vivimos  no tempo do insulto, todas estas declaracións altisonantes soamente  busquen o titular da prensa. Con todo, unha cousa debe quedar moi clara: nun mundo gobernado pola libre empresa ou polo capitalismo,  a necesidade dunhas organizacións sindicais fortes é inprecidibel. Polo que o diálogo entre estas dúas partes, a empresariasl e a social,  é moi importante. En fin,  neste  momento  debe quedar moi claro que se as empresas necesitan traballadores para producir,  deben entender  que tamén os traballadores e as súas familias son  consumidores. Polo que é necesario o acordo  que fuxa da imposición deixando fora os insultos e as descalificacións.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Cara unha sociedade multirracial”

Manuel Herminio: “Unha nova inquisición”

Manuel Herminio: “A lei do oeste”

Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”

Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------