Un crego de parroquia

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Herminio Iglesias


“Tiña os cabelos prateados, sorriso de cristal,

HIPER MASIDE

tiña un corazón moi grande e inmensas gañas de loitar.

Voz impetuosa e delicada; alma entregada á crenza herdada na nenez.

Sutil sabedoría, e un amor que con todos compartía.

Sentía o común como propio; do pobo amaba a súa historia,

sen pretender fama nin gloria.

Tiña os cabelos prateados e inmensas gañas de loitar.”

O texto inicial pode definir a Miguel Fernández Grande,  crego que deixounos hai uns días. Home de fondas conviccións relixiosas e galegas que podía  aspirar a un cargo superior dentro da xerarquía relixiosa e que asumiu, con humildade ser crego nunha parroquia do rural onde o mandou castigado o bispo Temiño. Foi nos  anos sesenta do franquismo  e ali estivo ate a súa xubilación.

Miguel é a persoa perfecta que precisa unha parroquia do rural. Foi o crego ó que aspiran moitos lugares  desta nosa terra. Pois, ademais de ser un home de gran coñecemento e de fondura intelectual foi unha persoa que soubo adaptarse  a un espazo vital, pondo en práctica  a verdadeira vocación de servir ós demais dende o ministerio relixioso. E fixo achegándose á xente e facendo del os seus problemas. Ou sexa: axudando incluso nas tarefas do campo.  Pódese dicir que pasou da  teoría á practica empatizando cos seus fegreses; falando cos crentes e non crentes; achegándose á xuventude  e  asumindo  primeiro  a súa forma de vida.  E neses longos anos  fixo unha labor importante, dado que  traballou a reo pola  cultura que vive no rural e que é tan menosprezada  en moitas partes da sociedade actual. Traballou pra eliminar complexos  e devolveulle ós seus veciños o orgullo de ser galegos e de vivir onde a  natureza está máis perto da xente. De Miguel poderíase dicir que foi a persoa que  puxo en practica todos os saberes e mandatos que fan falla ós humanos  pra que unha sociedade rural mellore; pra que sinta orgullo de ser, resistindo moitos embates e menosprezos que existen  contra ise mundo. Enumerar a súa labor non é preciso, mais si é necesario subliñar que,  fronte ós curas de oficio, que tamén existen,  que son aqueles que veñen facer o oficio relixioso, algo semellante ó que fan ós avogados que se contratan para un caso concreto,  e non intentan  afondar nos problemas sociais e humanos da parroquia pra axudar a resolvelos; que son intelixentes, e sentan cátedra cando falan,  mais que viven outra realidade intelectual, e que non pretenden facer comunidade, ou sexa parroquia. E fronte a ise modelo, aparece a figura de Miguel,  un ser humano extraordinario que representaba  todo o contrario. En Seixalbo, a Miguel  lembrámolo con moito cariño pois,  no 2018, recibiu o premio Freire Carril. Ise modesto premio  que, nesta pequena vila, tenta destacar a aquelas persoas e institucións que traballan pola cultura, pola defensa do público, pola nosa lingua  e que son esquecidas polas  institucións  oficiais,  pois éstas diante o feito cultural, e na cidade de Ourense temos un bo exemplo, ignoran resaltar a aquelas xentes que coa súa labor potencian o feito de vivir  en comunidade. Son autoridades que  están ausentes, non sei se por estar  ceguiñas e xordas ou por seren uns  bárbaros  con garabata.

En fin; unha gran persoas foise deste mundo. Mais queda a súa labor que deixou fonda pegada máis alá da Limia e que, pra moita xente, será unha guía a seguir  no camiñar pola  vida.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas