Unha area no zapato

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hai pactos políticos que resultan ser moi perigosos. Os refráns teñen  na súa existencia moita sabedoría. Por iso lembro un par deles: Dime con quen andas e direiche quen eres.  Ou aquel outro: o que con rapaces se acosta… E hai máis semellantes que veñen a dicirnos que hai acordos que é mellor non facelos pois poden pasar factura electoral.

Mais os votos dos cidadáns ás veces son pouco reflexivos e danlle a confianza ó que logo  resulta ser un pufo dos máis perigosos. E nesa situación andamos nesta cidade onde a vida política e social  parece non ter futuro. Pois, segundo parece, comeza unha nova andaina. O  interese do alcalde da cidade por preparar a súa reelección lévao a compaxinar o posto de primeiro edil co de deputado provincial, tentando  liderar esta provincia ida a menos. E, como me dixo un membro da prensa,  seguro que iste paso  vainos dar moitas e boas  portadas, dado que o 22 deste  mes, como se fose un premio da lotaría,  toma posesión no Pazo provincial  como  deputado o sr. Jácome.

Gonzalo, como xa ten  demostrado,  é unha persoa que ten incontinencia verbal. Non escoita os argumentos dos demais. Solo fala el. E cando os demais o fan  aplícalle  o dito: fala, fala que por  un ouvido  me entra e por outro lle sae. El ó seu,  e os demais que os parta un raio.  Gústalle moito o espectáculo e nel  dar a nota, aínda que desafine constantemente. E como ao mandato de catro anos xa lle queda pouco,  quere ter un espazo propio e lucir como se fose unha estrela no universo provincial.

Mais o alcalde  desta Auria naceu pra ser un guerreiro desfacendo  facendas públicas e de paso  tentando mellorar  a súa.  A Gonzalo gústalle  moverse na regueifa, no lodo  e desta maneira os plenos parecen discusións  de tasca, onde os reproches contra os seus, ós que lle chama traidores, amosan unha postal case repugnante que nos leva a facer unha pregunta: nos plenos fálase e discútese dos problemas da cidade? Non. Pola contra,  falase  das liortas entre o alcalde e os seus ex  compañeiros? Pois si.  Pero se  non temos PXOM, e tampouco  temos arranxado  as concesións de varios servizos importantes, todas   caducadas? Eso non importa. Tampouco se fala de que a piscina das Burgas está seca. Eso si;   fálase de que o seu partido lle fan falla máis cartos. Ah, todo pola pasta.  Pois ben, esa é a situación que temos no Concello. Un alcalde que desautoriza a unha concelleira do seu equipo de goberno, e esta contéstalle que fala así pra desviar a atención dos seus problemas xudiciais. E este señor agora tamén estará na Deputación chupando cámara  e os seus plenos verémolos na súa  marabillosa tele. Manda nabo!  

Todo augura que a foto da amizade con Baltar pasará a ser algo doutro tempo,  e  si no Concello o  espectáculo barato é permanente,  todo leva a  que na Deputación pode acontecer algo semellante. E fin, que eramos poucos e pariu a aboa. Polo que  moitos ourensás temos  verdadeiro interese en saber cal será a reacción dos  cidadáns  que lle deron a confianza a este persoeiro de comedia. E de paso se estes pactos serviron pra algo máis que facer o ridículo na vida política desta provincia.  Polo que,  a area no zapato, pode facernos rir e chorar á vez.  Pois é posibel que vexamos de novo  o deterioro das  institucións.  En fin, esperemos acontecementos


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas