Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”        

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“A cidade é un discurso e este discurso é verdadeiramente unha linguaxe” (Roland Barthes).

Observamos cada día como a paisaxe urbana se foi transformando notablemente. Pero non só a paisaxe, tamén a veciñanza. Rúas, prazas e parques énchense de cadeiras de rodas, cochiños de bebé, andadores e motores eléctricos. Máis alá dos cochiños de bebé ou os carros da compra, vemos o aumento dunha gran variedade de dispositivos móbiles de asistencia que reflicte unha realidade social protagonizada, principalmente, por persoas maiores que buscan manter a súa autonomía e por mozas e mozos en proceso de recuperación tras algún accidente. Lonxe de ser obstáculos urbanos, son estampas itinerantes que expresan o tesón e a tenacidade humana. Cada cadeira de rodas motorizada ou pilotada polo mesmo usuario ou por un coidador ou coidadora é unha vitoria innegable da tecnoloxía, da psicoloxía e da socioloxía sobre a idade e as enfermidades.  

Cada andador que avanza, aínda que sexa lentamente, polo parque, pola terraza dunha cafetería ou pola praza é o testemuño dunha lonxevidade que se nega a quedarse encerrada na casa. Houbo un tempo en que envellecer e perder mobilidade significaba recluírse no fogar, e o contacto co exterior limitábase a ver pasar os días desde un balcón ou unha fiestra. Ver as nosas rúas atrancadas por esta diversidade de rodas é, no fondo, un motivo de xúbilo. É a proba de que as nosas cidades están vivas, poboadas por cidadáns que reclaman o seu dereito para circular, a atoparse e a habitar o espazo público sen importarlles como se despracen os seus pés, que polo xeral van esgotados.

Estamos a asistir á coreografía dunha sociedade que decidiu establecer que a enfermidade ou os anos non son motivos de retiro, senón novos ritmos de vida e momentos diversos de marcha. Esa é ao meu parecer unha verdadeira lectura da linguaxe das nosas cidades e vilas actuais á que aludía Barthes. A cidade e a vila xa non son só territorio de coches e motos. Basta con mirar o vaivén diario para notar a irrupción dos novos vehículos de mobilidade privado, ese fluxo constante de rodas pequenas que reclama o seu espazo coa firme intención de quedarse.

         Non hai dúbida de que estamos a ser testemuñas dunha revolución da lonxevidade que tomou as beirarrúas, os parques e prazas por asalto. O que antes era un retiro silencioso entre catro paredes converteuse hoxe nun desfile de autonomía e de reivindicación. É fascinante ver como os andadores e as cadeiras motorizadas teñen redebuxado a paisaxe urbana, permitindo que quen viviu oito, nove ou mesmo dez décadas sigan sendo donos da súa vida. Ben é certo que moitos destes dispositivos son pilotados por familiares ou por coidadoras e coidadores responsables.

A socialización das pequenas rodas

Confeso que son dos que gozan observando o fluír da vida e gústame establecer conversación con quen sexa, coñecido ou descoñecido. Hai uns días, ao saír do portal duns amigos, cruceime con dúas señoras maiores nas súas propias cadeiras de rodas atendidas pola súa coidadora. Cunha naturalidade e franqueza que outorgan os anos, detivéronme para preguntarme por Agustín e Águeda, un matrimonio do segundo piso. Estaban preocupadas porque había algúns días que non os vían nos seus andadores polo barrio. Como eu non vivo no edificio nin coñezo a esas persoas, suxerinlles que a súa coidadora chamase ao timbre do edificio. Tras uns segundos, a voz dun mozo novo tróuxolles a calma: “Os meus avós están ben. Foron pasear pola zona do Alcampo”. De inmediato, deron instrucións á súa coidadora para poñerse en marcha cara ao encontro daqueles amigos que, segundo me informaron elas, coñeceran nun dos seus frecuentes paseos polo barrio.  

Este episodio confirma que o simple acto de saír de casa deixa de ser un desafío estéril para converterse nunha oportunidade de integración. O impacto social é incalculable, porque o reencontro co outro xera interacción e sociabilidade. As persoas vense parte activa da sociedade.

A visión filosófica da rebelión da mobilidade

É empíricamente obvio que a maioría dos usuarios destes dispositivos itinerantes son persoas maiores, moitas delas con problemas de mobilidade. Pero o simple feito de que a persoa con problemas de mobilidade saia de casa, impídelle desprenderse dos vínculos comunitarios, protexe o seu benestar psicolóxico e físico, alén de achegar á sociedade os seus valores e experiencia.  Os constantes paseos destas persoas ofrecen a imaxe dunha sociedade que non só logrou engadir anos á vida, senón tamén movemento aos anos.

Na súa obra De SenectuteSobre a vellez-, Cicerón preséntanos unha visión sorprendentemente optimista. Argumenta que a vellez non é unha carga, senón unha etapa de autoridade e sabedoría. Refuta catro queixas que adoitan atribuírse á vellez: a falta de actividade, a debilidade física, a privación de praceres e a proximidade da morte. A súa tese sostén que, se un cultiva o espírito e a mente, a vellez é o momento de maior dignidade (auctoritas).

Séneca describe a vellez no seu libro De Brevitate Vitae e nas súas Epístolas morais a Lucilio sinalando que a vellez non é un problema, senón unha preocupación de como malgastamos o tempo previo. Se se vive de acordo coa razón, a vellez é a colleita dunha vida ben empregada, por iso non hai que temer á morte, pois a vellez é simplemente o final do acto.

O filósofo italiano Norberto Bobbio ofrece unha visión moito máis sombría que a de Cicerón e de Séneca. No seu libro De Senectute escribe sobre a vellez desde a súa propia experiencia de lonxevidade. Considera a vellez como unha etapa de melancolía e de conciencia sobre as promesas non cumpridas e céntrase na perda dos amigos, do mundo familiar e da capacidade de entender as novas tecnoloxías ou linguaxes sociais. Pero creo que a revolución actual da mobilidade refuta a súa pesimista teoría.

Nesa mesma liña pesimista sitúase Simone de Beauvoir, quen na súa obra A vellez, ofrece unha crítica feroz da vellez, enfocándoa na dimensión social e política. Denuncia que a sociedade capitalista deshumaniza aos anciáns porque xa non son produtivos. Utiliza o termo outridade para explicar que a vellez é unha categoría do “outro” que nos negamos a recoñecer ata que estamos nela. Beauvoir reivindica unha chamada á xustiza social e a deixar de ignorar a “conspiración de silencio” que rodea ao envellecemento.     

        Coincidindo con Simone de Beauvoir na súa denuncia ao capitalismo pola deshumanización á vellez por falta de produtividade, penso, con todo, que son os propios anciáns con problemas de mobilidade os que, á marxe da política, invalidan por propia vontade a tese beauvoiriana, utilizando os seus dispositivos itinerantes de mobilidade para esmagar o silencio.  

É, con todo, o filósofo francés Henri Lefebvre quen acuñou o termo “Dereito á Cidade”, tratando de explicar que ese dereito non é só o dereito para estar nela, senón para transformala. Cando vemos grupos de persoas con mobilidade reducida reclamando espazo fronte ao coche, están a exercer ese dereito. A cidade e a vila deben adaptarse ás persoas, non as persoas elas. Lefebvre explica que o dereito á cidade non pode concibirse como un simple dereito de visita ou de retorno ás cidades tradicionais. O dereito á cidade só pode formularse como un dereito á vida urbana, transformada, renovada, adaptada. O dereito á cidade non é simplemente o dereito para acceder ao que xa existe nela -os servizos, as rúas, os parques, os edificios, os semáforos-, senón o dereito para cambiar a cidade de acordo coas nosas necesidades e desexos.

Lefebvre argumenta que a cidade debe ser para vivila, non só para facer negocios con ela. E así reivindica o desfile de andadores, de cadeiras de rodas, de carriños, de cochiños de bebés, de grupos marxinados- anciáns, persoas con discapacidade, traballadores…- para recuperar o centro da cidade, do cal son a miúdo expulsados polo tráfico, os valos publicitarios, os contedores, os bancos, etc.

Como ben explicaba Barthes, a cidade é unha escritura colectiva que se vai construíndo e descifrando a través da historia e do uso que fan dela os seus cidadáns. A cidade fálanos cunha linguaxe propia, que se esconde entre a contorna e os seus habitantes, e que non deixa de retarnos cada día. Forma parte do carrusel da existencia!


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”

Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”

Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”

Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------