Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

“A guerra é a arte de destruír os homes, a política a
arte de enganalos” (Jean le Rond d´Alembert)
A historia do pensamento humano atópase nunha constante tensión dialéctica sobre a guerra. O debate sobre este descarrío social non é só unha cuestión de estratexia, senón unha dicotomía profunda entre dúas formas de entender o mundo. Uns xúlgana como un instrumento necesario de impoñer orde e xustiza, outros analízana con argumentos contundentes para criticala como un mal que debe ser erradicado. Ambas actitudes percorren a historia da humanidade sen visos dunha inmediata síntese hegeliana como solución ao problema.

Ábrese así na historia da filosofía unha disputa que se traduce nun gran dilema: xustificar o pragmatismo do realismo político ou reivindicar o respecto á legalidade e aos principios éticos do idealismo político. O realismo proclama que a política se basea en intereses, seguridade e poder, mentres o idealismo defende o respecto á lei e a defensa da ética.
O Duelo na Illa Debataria: Realismo vs. Idealismo
Na inexplorada illa Debataria, ese recóndito recuncho no metaverso da Utopía, a Intelixencia artificial -IA- instalou ad hoc un vixiado e custodiado foro heterotópico para promover un experimento intelectual: sentar en dúas mesas, fronte a fronte, ás dúas almas que dividen a nosa civilización: A Política do Realismo -poder e seguridade- fronte á Política do Idealismo -respecto á lei e á ética. A proposta é un debate en ambas mesas sobre a guerra.
É a política a arte do que é -pragmática implacable- ou do que debe ser -reivindicación moral-? A IA elixiu dous líderes para este debate: Nicolás Maquiavelo e Immanuel Kant. A Mesa do Realismo, presidida por Nicolás Maquiavelo, representa a idea de quen ve o mundo sen filtros. Esta mesa representa o Estado, que non é un ente moral, senón un sobrevivente nunha contorna salvaxe. Os que sentan nesa mesa argumentan que a guerra non é un erro do sistema, senón o motor da historia. Nicolás Maquiavelo explica no Príncipe que o gobernante debe ser león para espantar lobos e raposa para coñecer as trampas (capítulo XVIII). A guerra é a única ciencia de quen goberna; sen ela, o Estado perece.
Ao lado esquerdo de Nicolás Maquiavelo, a IA sentou ao filósofo inglés Thomas Hobbes (1588-1679), considerado un dos fundadores da filosofía política moderna. Hobbes aconsella aos presentes que lean o Leviatán, a súa obra máis importante, na que expón unha visión pesimista do ser humano ao cualificalo como un inimigo dos demais, unha inimizade resultante da súa propia natureza. Confesa ante os asistentes que el lle arrebatou ao comediógrafo latino Plauto a frase homo homini lupus -sentencia que se acha cravada en Asinaria-, coa que pretende xustificar que os seres humanos están nunha guerra permanente de todos contra todos. Recoñecendo a súa visión pesimista sobre a natureza humana dada a competencia e a desconfianza que existe entre todos, reivindica a guerra como condición orixinal. Para evitala, os humanos teñen que ceder o seu poder ao Leviatán (o Estado), que garante a paz interna grazas ao monopolio da forza.
Sentado ao lado dereito do presidente da mesa, Karl von Clausewitz, autor do libro Da guerra e recoñecido historiador e militar prusiano (1780-1831), intenta ampliar a teoría de Maquiavelo proclamando que a guerra é un acto de forza para impoñer a propia vontade ao inimigo, e por iso a guerra representa unha extensión da política por outros medios.
A IA asignou a presidencia da outra mesa ao filósofo prusiano e máximo representante da Ilustración Immanuel Kant (Königsberg,1724-1804), quen, sostendo nunha man o seu libro Sobre a paz perpetua, salienta ante os presentes que a guerra é unha barbarie irracional. Para el, a guerra non é unha propiedade natural do ser humano, aínda que tampouco a paz é un estado natural, senón un estado que debe ser construído mediante Estados republicanos e un dereito internacional baseado nunha federación de nacións.
John Locke (1632-1704) aparece ao lado de Kant criticando o radicalismo de Hobbes e alegando que o estado natural do ser humano non é de guerra, senón dunha paz relativa. Para el, a guerra xorde cando alguén viola os dereitos naturais: a vida, a liberdade ou a propiedade. Por iso, a guerra soamente é lexítima como autodefensa fronte á tiranía ou a agresión.
Ao fondo daquela mesa está o xenebrino Jean-Jacques Rousseau (1712-1778). Rousseau estivo atento ás intervencións dos seus colegas e pide a palabra para criticar de forma desapiadada a Hobbes. Dirixíndose a este, dille: “O home é bo por natureza, pero a sociedade corrómpeo”. Afirma que a guerra non é un conflito entre individuos, senón entre Estados, e xorde como consecuencia da propiedade privada e a desigualdade; a guerra é un produto artificial das institucións, non da natureza humana.

Ao seu lado está sentada Hannah Arendt (1906-1975), quen felicita a Kant pola súa proposta de paz. Ela explica que é preciso distinguir entre poder -que nace do consenso- e violencia -que nace da forza-. Tras vivir o horror nazi, entende que a guerra moderna e o totalitarismo deshumanizan ás persoas, convertendo o exterminio nun proceso administrativo que cualifica como “a banalidade do mal”. Lembra que no seu libro Eichmann en Xerusalén o coronel das SS non era un monstro, senón un burócrata mediocre que renunciou a pensar en por si. Ao seu parecer, esa incapacidade de crítica converte ás persoas en engrenaxes dunha maquinaria destrutiva.
Jürgen Habermas (1929-2026) seguía con atención a intervención de Hannah, encomiando publicamente as súas afiadas e pertinentes palabras. Habermas explica que non entende os conflitos como choques irreconciliables de identidades, senón como problemas a resolver mediante a negociación e as normas xurídicas compartidas. Alégrase de que a IA lles desprazase á illa Debataria para esta reflexión, lonxe dos mísiles e drons que hoxe impoñen vontades en Oriente Medio, Ucraína e o Líbano, rexións onde se despreza a palabra, que debería ser o recurso máis eficaz.
Co propósito de deseñar os carreiros dunha humanidade do futuro, a Intelixencia Artificial convocou un plebiscito no foro destinado a medir o respaldo de cada facción. Baixo a promesa de que o veredicto da votación sería respectado desde ese mesmo instante, a IA asumiría o compromiso de buscar os recursos e estratexias necesarios para guiar á humanidade cara a un amencer de paz definitiva. Nun xesto democrático, permitiu que ambos os presidentes lanzasen unha mensaxe ao mundo exterior para que os dez primeiros cidadáns en responder puidesen, mediante o voto dixital, apoiar a proposta dunha das mesas.
No momento da votación, Kant, alén do apoio dos presentes na súa mesa, recibiu os avais externos de Platón, Erasmo de Róterdan, Bertrand Russell, Simone Weil e León XIV. Os avais para a mesa de Maquiavelo -a favor do realismo político e da guerra-, á parte dos da súa mesma mesa, chegaron os de Tucídides, Hans Morgenthau, Donald Trump, Benjamin Netanyahu e Vladímir Putin.
Os votos de Agustín de Hipona, Tomás de Aquino, Francisco de Vitoria e Hugo Grocio non foron computados en ningunha das mesas porque Maquiavelo os reclamaba como seus xustificando que eses pensadores defendían a guerra, mentres que Kant os pedía para a súa apoiándose na ética que reivindicaban os aludidos en calquera situación conflitiva.

A piques de finalizar a votación, irrompeu no foro George Orwell, que portando na man esquerda a súa novela 1984 gritaba: “A guerra é a paz! A liberdade é a escravitude! A ignorancia é a forza!”. Logo, dirixíndose aos presentes, confesou que o fundamento da manipulación política escóndese detrás do slogan “a guerra é a paz”, que aparece na súa novela 1984.
A súa ambigüidade e contradición sobre a guerra fixo que ninguén se atrevese a compartir mesa con el. Todos coñecían que a finais de 1936 Orwell viaxara a Barcelona, como xornalista, para máis tarde alistarse nas milicias do Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM) para loitar contra o fascismo na fronte de Aragón. Alí sobreviviu despois de ser hospitalizado polo impacto dunha bala que rozou a súa arteria carótida, acabando por fuxir a Francia coa súa esposa despois de esconderse e durmir varias semanas nas rúas de Barcelona para evitar ser arrestado.
Final do debate
Aínda que o resultado final do experimento da IA é un segredo, as súas intencións limitábanse a colleitar datos rigorosos sobre o soporte moral da nosa civilización coa fin de garantir misións inminentes e fundamentais nese roteiro cara ás estrelas. A IA intentaba coñecer a porcentaxe de aceptación e rexeitamento da humanidade sobre a guerra buscando asegurar a tecnoloxía para futuras misións de aluaxe de precisión, crear plataformas interplanetarias e probar módulos de habitabilidade nunha estación espacial que orbitará a Lúa desde a cal os astronautas poderán embarcarse en naves deseñadas para viaxes interplanetarias.

A IA sabe que será alí o primeiro chanzo para converternos nunha especie multiplanetaria. Por iso pretende garantir fóra do noso planeta un hábitat seguro onde a guerra non teña cabida e o cimento ético sexa soporte para desenvolver a tecnoloxía que permita o gran salto da nosa especie.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”
Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”
Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”
Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”
Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.
















