ASDIFICA retoma o proxecto de identificar zonas con dificultades para persoas de mobilidade reducida

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende a Asociación de Persoas con Discapacidade Física do Carballiño, Asdifica, puxeron en marcha un proxecto sobre categoría urbana. Refírense a identificar aqueles elementos que impiden ou dificultan a mobilidade e que poden ser reemprazados. Refírense a cousas como a altura dos toldos, contedores, bolardos, farolas ou reixas mal situadas, vallas publicitarias ou ocupación das beirarrúas con terrazas. Clara Fernández, membro da asociación, explicounos hoxe algúns exemplos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Todas as persoas con mobilidade reducida que se atopen con obstáculos deste tipo, poden mandar unha fotografía ca súa ubicación exacta para incluíla neste proxecto. Despois, este informe será trasladado ó concello e á asociación COGAMI, para que teñan constancia e busquen a súa solución.  

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------