Castrelo de Miño celebrou a 28ª edición da Festa da Anguía

A parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño, celebrou esta fin de semana a súa festa na honra da Virxe das Nieves. Os asistentes puideron participar en actos relixiosos, gozar das variadas actuacións musicais e deleitarse cunha nova edición da Festa da Anguía.

A 28ª edición inaugurouse o pasado venres, con diversas autoridades que acompañaron esta nova edición, revalorizando a tradición.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde agradeceu o apoio das administracións ca Asociación da Festa da Anguía para que continúe ano tras ano, e tamén a un dos seus fundadores, falecido recentemente.