O Psdeg-Psoe de Ourense rexistra dúas precandidaturas para as primarias que elixirán secretario provincial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dúas persoas presentaron formalmente a súa precandidatura para as eleccións primarias que escollerán ao secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, dentro do prazo establecido (27 e 28 de decembro) no calendario aprobado para o IV congreso ordinario, refrendado no último comité provincial.

As dúas precandidaturas son:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

–          Rafael Rodríguez Villarino.

–          Alfredo Laudelino García Rodríguez.

As precandidaturas terán agora o prazo comprendido entre hoxe 30 de decembro e o vindeiro 8 de xaneiro de 2022 para recoller e presentar avais. Do 9 ao 12 de xaneiro procederase á proclamación provisional e, no seu caso, á presentación de recursos.

A continuación abrirase o período para a campaña de información entre 12 e o 22 de xaneiro. O proceso continuará coa proposta de candidaturas de delegados e delegadas para o IV congreso entre 18 ao 21 de xaneiro. A votación á secretaría xeral e ás delegacións será o domingo 23.

Logo da xornada de votación e ata a celebración da cita congresual, haberá tempo para traballar no relatorio marco que fixará a orientación do proxecto socialista para os vindeiros anos. O proceso finalizará coa celebración do IV congreso provincial ordinario do PSdeG-PSOE  de Ourense, previsto na fin de semana do 19 e 20 de febreiro.