Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 1.091 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 22.399, baixando a cifra con respecto a onte. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 247 (-6) persoas na UCI, e 1.070 (-55) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase a quinta xornada de descenso. Contamos con 121 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 85 casos, ata os 2.730 casos, sendo a área galega que máis casos reduce na xornada de hoxe. Os hospitais hoxe amosan esperanza, contan con 156 (-19) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e soben ata os 15 (+1) na UCI.

Galicia rexistrou na xornada de hoxe 37 falecementos, algunhas producidas nos últimos días pero sen confirmar que tivesen covid-19 ata onte, seis deles no CHUO.