Cunha melodía instrumental engaiolante, “Maxia” invita a soñar e creer nun
mesmo.
Isidro Vidal acaba de lanzar o seu novo sinxelo “Maxia” baixo o selo
discográfico “Edicións Bordón”, como preludio ao seu novo albume que sairá
á luz o próximo 12 de maio.
“Maxia” é unha canción instrumental que trascende os xéneros e estilos
habituais no mundo da gaita de fol, ofrecendo unha experiencia auditiva
única que te leva a través dunha viaxe emocional a través da súa melodía
engaiolante. Cun son envolvente e unha composición cuidadosamente
elaborada, esta melodía inspira a soñar e crer nun mesmo mentras convida a
superarse e alcanzar a felicidade.
Esta nova canción descata pola súa melodía pegadiza e tarareable, que che
atrapa dende o primeiro momento e lévate a un estado de ánimo positivo e
motivador. A través da súa música, Isidro Vidal transmite a súa mensaxe de
superación persoal e búsqueda da felicidade, creando unha conexión
emocional única coa súa audiencia.
Cunha carreira musical de éxito, Isidro Vidal é recoñecido na escena
internacional polas súas habilidades coma músico, tendo realizado concertos
nestes últimos anos en Galicia e Estados Unidos, participando en diversos
festivais destacados da worldmusic coma o Festival Celta de México,
Festival Celtasur (Andalucía) ou o Festival Identidades (Portugal). Ademáis
esta composición é unha mostra máis do éxito do seu proxecto
#composición365 do que sae esta canción, das que destacan outras como a
destacada Muiñeira do Pulpo adicada á Festa do Pulpo do Carballiño.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade