---------------------------------------------------------------------------------------------------------
- A
conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe
en Santiago de Compostela o balance da atención ás vítimas da violencia de
xénero
- En
2020 houbo que lamentar o asasinato de tres mulleres, as mesmas que no ano
anterior, aínda que para a Xunta a única cifra admisible é cero vítimas
- Aínda
que o pasado ano baixou o número de denuncias por violencia de xénero,
Lorenzana subliñou que “ non cabe o espazo para a congratulación ata que
se produza a erradicación total deste fenómeno”.
- Galicia
é a única Comunidade que conta cun apoio mensual de ata 800 euros para a
independencia económica das vítimas, que en 2020 chegou a 639 mulleres
- As
axudas de pago único para mulleres con especiais dificultades para obter
un emprego case se duplicaron
- Lorenzana
puxo en valor os recursos complementarios que a Xunta ten a dispor das
vítimas para a inserción laboral, a atención psicolóxica e o asesoramento
xurídico
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------