A MIT pon en marcha un proxecto novo para público adolescente

Publicidade

Dentro das Actividades paralelas da MIT, sempre en renovación e conexión coa xente, coma as sesións vermú os domingos e o sábado 25, presentamos esta aposta polo xornalismo, a cultura e a xuventude.

A MIT pon en marcha un programa específico para público adolescente. O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da xuventude nos ámbitos cultural e periodístico. Tamén o fomento dos valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio. Poderán participar todas as persoas que o desexen e acudan á MIT 2020 e teñan entre 15 e 18 anos, e consta de 3 Premios:

1º – 100 €, unha estadía para 4 persoas (unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, e acceso ó SPA para as catro persoas) nun hotel de Galicia e publicación do artigo.

2º – 50 €, un lote de produtos Coren valorado en 50€ e publicación do artigo.

3º – Un lote de produtos Coren e publicación do artigo.

Poderán participar todas as persoas que reúnan os requisitos de idade, cun texto escrito en lingua galega non superior a 3.000 caracteres no que se relate a experiencia dun espectáculo ou actividade na MIT e acompañado dunha fotografía orixinal da MIT 2020.

Os textos deberán expresar unha reflexión orixinal sobre algunha experiencia e/ou a recepción dalgún espectáculo ou varios espectáculos que formen parte da programación da MIT de Ribadavia, apoiado por unha imaxe.

Deberán enviarse ao seguinte enderezo electrónico con data límite do 27 de xullo: concurso@laregion.net

Os gañadores/as escolleranse entre unha persoa designada por La Región e unha persoa designada pola MIT.

O acto de entrega terá lugar nas instalacións de La Región, medio no que se publicarán os textos gañadores, con representantes da MIT e do grupo de comunicación ourensán, colaborador con esta iniciativa.