O delegado territorial da Xunta participa na presentación da copa galicia final 4 primeira división masculina e feminina de hóckey

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do presidente do Inorde, Rosendo Luís Fernández, o responsable de deportes do concello de Ourense, Aníbal Pereira, e o presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Barata, participou esta mañá na presentación da Copa Galicia  Final 4 Primeira División Masculina e Feminina de Hóckey, que se desenvolverá nas instalacións de Mariñamansa os próximos 13 e 14 de Maio.

A Copa Galicia Final 4 reúne aos catro primeiros clasificados das ligas Galega de Primeira División Masculina e Feminina na disputa da Copa Galicia. O torneo dispútase en semifinais o sábado 13 e as finais e partidos polo bronce o domingo 14. Ademais entregásense tamén os trofeos de máximo goleador e goleadora das ligas regulares.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense e as instalacións de Mariñamansa acollen de novo un evento de nivel, converténdose no centro do hóckey galego,  que serve tamén como preparación dos clasificados para as fases de ascenso á División de Honra. Precisamente a pasada fin de semana ratificou a súa permanencia o Club Hóckey Barrocás.