Os alumnos do IES Chamoso Lamas visitan as exposicións do Arenteiro Fotográfico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Chamoso Lamas visitou as exposicións do Arenteiro fotográfico acompañadas dos profesores que traballlan con eles no programa de Fotografía en curso, do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Estiveron acompañados no seu percorrido polas diferentes exposicións por Manolo Blanco Guerra, presidente da Asociación fotográfica Potiños, organizadora dun dos eventos fotográficos máis importantes e salientables de Galicia, quen foi comentando cos alumnos diferentes aspectos técnicos a artísticos das fotografías e recollendo os seus pareceres sobre as mesmas.

No vindeiro  mes de novembro, precisamente o IES Chamoso será un dos protagonistas do Arenteiro fotográfico, xa que se exporá unha retrospectiva do traballo que o centro de ensino leva facendo dende hai 10 anos no eido da fotografía con varias xeracións de alumnos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este curso 2023-24 volverán a participar en Fotografía en curso cun proxecto que pretende reinterpretar o arquivo fotográfico do arqueólogo e escritor vinculado á Moldes Manuel Chamoso Lamas, e onde aparecen recollidos numerosos elementos paisaxísticos, etnográficos e culturais da nosa comarca, que este grupo de alumnos pretende volver a mirar con ollos renovados.

O seu obxectivo é coma sempre facer unha exposición co resultado do traballo realizado ao longo do curso, traballo que este ano vese reforzado grazas a inclusión de dous Proxectos Competencias no centro, un adicado á fotografía, en 3º de ESO, e outro ao cine en 4º de ESO.