Ribeiro en Común reclama o arranxo das estradas da rúa progreso e rúa Ribeiro.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribeiro en Común volve reivindicar que se adopten medidas por parte do goberno local e do Concello para que as calzadas destas dúas rúas, as principais da nosa vila, sexan melloradas. 

Tamén pedimos que se mellore o pavimento e accesos da Estación de buses, cuxo aspecto é propio dunha zona abandonada, causando moi mala imaxe da nosa vila.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia 28 de outubro.

Ribeiro en Común reclama que se continúe coa mellora iniciada polo anterior goberno na rúa Veronza e rúa Ribeiro, e así mesmo, que o Concello continúe reclamándolle a Xunta o asfaltado e mellora da rúa Progreso, desde o cruce da Franqueirán ata San Paio.
Non se entende que o goberno local deixara pasar dous plans de obras provinciais sen arranxar graves fochancas en zonas de moito tránsito diario, ,mentres a Deputación arranxaba estradas sen apenas movemento de vehículos.
Pedimos as nunha MOCIÓN as seguintes melloras:
Zona Centro: A rúa Progreso, de titularidade autonómica, atopase cada día en peor estado. Cando estabamos no goberno, o Concello así llo demandou a Xunta.
Zona Arrabaldo: realizouse no goberno de coalición do pasado mandato o arranxo da rúa Veronza, e melloras puntuais da rúa Ribeiro, realizándose con fondos unicamente municipais, ante a negativa da Deputación en colaborar con Ribadavia. A situación actual da rúa Ribeiro é se cabe a peor, sendo de titularidade local.
O  estado de ambas estradas é moi malo e urxe unha mellora o antes posible.
A pesar das reiteradas peticións do Concello no pasado mandato, e das peticións da oposición ao actual goberno local de Ribadavia, aínda non se abordou o problema. Outras estradas de outros municipios, sen embargo, si están sendo arranxadas con investimentos importantes na nosa comarca por parte da Xunta e da Deputación, non en Ribadavia, a quen continúan discriminando.

Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:
1. Que o Concello de Ribadavia demande a Xunta a mellora da estrada antiga Nacional 120, da rúa Progreso, Redondela, zona rúa Piñeiral, San Francisco, e zona Estacións.
2. Que o Concello de Ribadavia demande á Deputación o financiamento para a mellora da rúa Ribeiro.
3. Que o Concello poña a funcionar o punto de carga eléctrica de vehículos instalado no anterior mandato,  tomando as medidas necesarias para elo.
4. Que se convoque Comisión de Tráfico de maneira inmediata.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------