A apertura do ocio nocturo reduce notablemente os botellóns en pisos e na rúa

Esta fin de semana, a vida nocturna volveu á súa actividade no Carballiño ca apertura de discotecas e salas de festas. Falamos de dous locais de ocio ubicados no centro da vila e da sala Paulino, ás aforas. Recordamos que a Xunta de Galicia ofrecía dous niveis de apertura segundo o seu nivel de compromiso na aplicación de medidas sanitarias, nos que varían o aforo e a hora de apertura, ata as 04:00 horas pedindo o certificado covid.

Publicidade

Hoxe falamos ca Policía Local, para comprobar como foi o cumprimento de medidas e se houbo incidentes nesta nova apertura de cara á nova normalidade.

Unha das vantaxes da volta do ocio nocturno, segundo a Policía Local, é que traen consigo unha minimización dos botellóns e reunións en vivendas.