Érika Paz primeira Presidenta de Espazo Común

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ÉRIKA PAZ ELEXIDA POR UNANIMIDADE PRIMEIRA PRESIDENTA DA XUNTANZA LOCAL DE ESPAZO COMÚN DO CARBALLIÑO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A constitución desta foi a primeira da xeira que terá lugar nas vindeiras datas noutros concellos da comarca.

Unha concurrida asamblea celebrada na sede comarcal de Espazo Común no Carballiño, quedou constituida oficialmente a Xuntanza local do partido nesta localidade que comeza contando con uns 70 afiliados.

Na mesma tamén foi escollida, por unanimidade de todos os presentes a concelleira Érika Paz, coma primeira presidenta da Xuntanza local.

Foron designados tamén por ésta as persoas que conformaran para os vindeiros 4 anos o seu grupo de traballo, a través de delegacións sectoriais que quedaron do seguinte xeito:

Área de organización, responsable: Inma Rodríguez

Área de xestión económica e tesoureiria, responsable: Gonzalo Rodríguez Conde

Área de Comercio e empremdemento, responsable: Mercedes Otero

Área de Infraestructuras e transporte, responsable: Guillermo Fernandez Dopazo

Área de Feminismo, responsable: Ana Río

Área de Deportes, responsable: José Manuel García.

Área de Medio Ambiente e espazos naturais, responsable: Natalia Lois

Área de Servizos sociais  e sanidade, responsable Albino García

Área de Obras e Urbanismo, responsable, David Corral

Área de Cultuta e educación, responsable: Sara Justo

Área de Impulso e desenvolvemento Rural, responsable: Paulino  David Carou

Área de Movementos veciñais, responsable: José Rabinal

Área de Dereitos e actividades dos nosos maiores: Julio Rodríguez.

Paz manifestou o seu agradecemento polo apoio dos compañeiros, destacando a presenza e a forza que aporta o presidente do partido Pachi Vazquez e destacando o feito de que a primeira responsable local de Espazo Común sexa una muller.

Garantiu esforzó e compromiso para que este movemento cidadán de acción política siga a medrar recollendo as inquedanzas da veciñanza e tentando ser útiles para o pobo como se leva facendo dende o día 1 da historia de Espazo Común