o PP de Ribadavia pedirá ao pleno municipal que a alcaldía restableza as competencias sobre persoal que lle retirou aos concelleiros do goberno o pasado mes de abril

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • A Instrución-Orde de Servizo que a Alcaldía remitiu no pasado mes de abril, retirando as competencias sobre o persoal dos diferentes servizos aos membros do goberno, supón unha ruptura de facto da coalición que desgoberna Ribadavia
  • Parece que dende a alcaldía xa non se fían dos seus propios compañeiros de goberno, polo que se tomou a decisión de imposibilitar que os membros do goberno municipal poidan dar instrucións ou ordes directas aos traballadores dos diferentes servizos municipais
  • A ruptura interna confirma que en ningún momento PSOE e Ribeiro en Común tiveron un proxecto conxunto nin máis aspiración que tombar o goberno do Partido Popular

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia ven de presentar unha moción para o seu debate no próximo Pleno municipal, que se celebrará o 26 de maio, na que se lle pide á Alcaldía que deixe sen efecto a Instrución-Orde de Servizo emitida por este órgano unipersoal no pasado mes de abril, na que se lle retiran as competencias sobre o persoal dos diferentes servizos ao resto de membros do goberno municipal.

No pasado mes de abril a alcaldesa de Ribadavia asinou unha “Instrución-Orde de Servizo” para todos os servizos e dependencias municipais segundo a cal “Acórdase en relación a todos os servizos e dependencias do Concello de Ribadavia que toda solicitude formulada por calquera veciño/a ou grupo político municipal, ou orde de actuación emanada de calquera concelleiro/a da corporación, se comunique, con carácter previo a calquera actuación, para ser autorizada por esta alcaldía na súa condición de xefatura de persoal”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta instrución-Orde de Servizo, ao noso xuízo, supón a retirada expresa das competencias delegadas de xestión das diferentes concellerías no que ten que ver co persoal municipal, o que implica, ademais do ninguneo aos membros do goberno con competencias delegadas en diferentes materias, un importante trastorno para o normal funcionamento do Concello e coloca nunha situación moi delicada aos traballadores municipais xa que, segundo esta orde, non poderían atender as indicacións de ningún concelleiro/a do goberno municipal, a pesar de ter unha competencia delegada nunha área concreta, sempre que esa orde ou indicación non sexa autorizada con carácter previo pola Alcaldía.

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia consideramos que as liortas que existan entre os diferentes membros do goberno bipartito municipal (se despois desta instrución podemos seguir a consideralo un goberno bipartito ou de coalición, cando mais ben parece un goberno de submisión ao criterio da alcaldía) non deberían entorpecer o normal funcionamento dos servizos municipais como está a ocorrer a raíz desta orde de servizo. Polo tanto, levaremos ao pleno de maio unha moción para deixar sen efecto esa orde de servizo do mes de abril e pedir que se restableza o normal funcionamento da institución municipal.

Os populares sinalan que “estamos nun escenario no que a Alcaldía xa non se fía dos seus propios compañeiros de goberno, polo que se tomou a decisión de imposibilitar que os membros do goberno municipal poidan dar instrucións ou ordes directas aos traballadores dos diferentes servizos municipais. Unha situación que parece implicar a ruptura tácita do suposto pacto de goberno que se establecera para asinar a moción de censura e derrocar ao goberno do Partido Popular. Confírmase polo tanto que en ningún momento PSOE e Ribeiro en Común tiveron un proxecto conxunto nin máis aspiracións que tombar o goberno do Partido Popular para impedir que Ribadavia avanzase e, dese xeito, satisfacer as ambicións persoais dos membros do suposto bipartito a costa do progreso de Ribadavia”.