A Unidade de Críticos preocupa cunha vintena de pacientes ingresados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 490 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 19.246, baixando a cifra esta fin de semana en máis dun milleiro de casos. A pesares de que estas cifras amosan recuperación, na totalidade da comunidade a preocupación está nos hospitais. A presión asistencial descendeu. Hoxe hai 254 (+3) persoas na UCI, e 1.063 (+25) ingresados.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexístrase unha xornada con cifras moi esperanzadoras. Contamos con 44 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 144 casos, a maior baixada das últimas semanas, ata os 2.096 casos totais, case medio millar menos ca o pasado venres. Os hospitais hoxe amosan certa preocupación na unidade de críticos, contando con 161 (+8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e soben ata os 20 (+2) na UCI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, na UCI do Hospital Universitario de Ourense hai ingresados a 20 pacientes críticos de COVID19. Dende o Sergas comunican que esta unidade pasa á seguinte fase do plan de continxencia, ocupando un dos dous quirófanos habilitados (con tres camas cada un) para esta asistencia, deixando camas libres na REA Covid en función de mais necesidades.  Actualmente, entón, contamos con 12 ingresados en REA, 2 no bloque cirúrxico e 6 na UCI. Todos eles están atendidos polo persoal de Medicina Intensiva e Anestesia e Reanimación. Dende o Sergas afirman que segue habendo capacidade asistencial e que neste intre non se prevén traslados a outros centros.