185 viños da D.O. Ribeiro distinguidos con medalla

Os autores da publicación, Luis e Alejandro Paadín e o presidente do Consello Regulador, Juan Casares, presentaron a guía que premia a preto dun 10% máis de viños da D.O. Ribeiro que na anterior edición

Un total de 185 viños da D.O. Ribeiro, de 66 adegas distintas, resultaron como distinguidos pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020, do sumiller, docente e catador, Luis Paadín e editada por Paadín Eventos. 18 acadaron medalla de Gran Ouro, 121 medalla de Ouro e 46 foron distinguidos con medalla de Prata.

AVANTAR ACTIVIDADES

A presentación da guía realizouse na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, da man dos propios autores da publicación, Luis e Alejandro Paadín, e do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares. Este último comentou que “este incremento nas distincións é unha recompensa enorme ao bo facer das adegas e viticultores da Denominación de Orixe”.

Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020

É o oitavo ano consecutivo que esta Guía se edita polo sistema de micro-mecenazgo que, nesta edición con máis de 200 mecenas, non admite publicidade de adegas nin de marcas a fin de conservar a independencia coa que foi concibida.

Nesta edición de 2020 aparecen máis de 1.000 notas de cata, coa totalidade das adegas e destilerías de Galicia amparadas referenciadas.

Esta Guía de Vinos de Galicia logrou posicionarse  como un referente no panorama vitivinícola nacional e internacional, así o acreditan o IWC Merchant Awards 2019 distinguíndoa como Mellor Guía de Viños, os Gourmand Awards na categoría de Premio Espacial do Xurado galardoándoa como Mellor Libro de Bebidas do Mundo 2017 ou sendo valorada como Mellor Libro de Viño e Turismo de España 2013.

Listado de viños distinguidos con Gran Ouro:

Viños Brancos: A Teixa 2017, Armán Finca Os Loureiros 2016, Armán Finca Misenhora 2016, Coto de Gomariz Finca O Figueiral 2017, Cuñas Davia Barrica 2017, Emilio Rojo 2017, Finca Viñoa Embotellado Tardío 2016, Finca Viñoa Paraje Penaboa 2014, Mal Raio Te Parta 2018, Ramón do Casar Nobre 2017, Ramón do Casar Lento 2017, Teira X 2018, Saramusa 2018, Viña de Martín Escolma 2015, Val de Nairoa 2017.

Viño Tinto: Super Héroe 2016. Viños Tostados: Alma de Reboreda 2008, Tostado de Costeira 2013