Sanidade relaxa as restricións no concello de Ribadavia

O subcomité clínico reuniuse esta mañá para avaliar a evolución do coronavirus na comunidade galega. As decisións tomadas foron a relaxación das medidas en varios concellos galegos, entre eles Ribadavia e Xinzo de Limia. Ambos pasan ó nivel básico de restricións. A boa evolución de Ribadavia avala esta decisión, xa que nos últimos días mantívose nos 9 casos activos, recordando os 75 que chegaron a ter fai un mes. O nivel básico inclúe a apertura da hostalaría ata as 23:00 horas, cun 50% de aforo interior e 75% de aforo exterior e a reunión de ata seis persoas non conviventes. Estas medidas entrarán en vigor a partir da medianoite de hoxe.

Sarreaus e A Rúa, polo contrario, aumentan as medidas, pasando ó nivel de restricións medio alto. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, informaron destas actualizacións en rolda de prensa. Nesta reunión anunciaron que no próximo comité clínico do martes que ven tomarán as decisión de peche da comunidade de cara as datas de Nadal.

AVANTAR ACTIVIDADES