A organización anuncia a cancelación do Belén Vivente de Dacón

IES CHAMOSO LAMAS

Dende a organización do Belén Vivente de Dacón anuncian a súa cancelación deste ano. Aseguran que aínda que se fai ó aire libre, podendo gardar as distancias de seguridade e respectando as medidas, moitos dos participantes son persoas de Dacón ou achegados que residen noutros lugares, coma Madrid, Santiago ou Vigo. Por ese motivo, tomaron a decisión de evitar calquera posible xuntanza de risco. Nos próximos días anunciarán as sorpresas que teñen preparadas para o día de Nadal.