A organización do Festival Internacional de Curtametraxes ‘Xociviga 2026’ vén de facer pública a listaxe de curtametraxes seleccionadas para o concurso da sección oficial ‘Xentes’, e que se proxectarán entre o xoves 26 e o sábado 28 de novembro, en sesións gratuítas en horario de 17,30, 19,00 e 20,00 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño.
Son un total de 25 produccións procedentes de Galicia e doutras comunidades do Estado; Portugal, Francia, Estados Unidos, Canadá, Perú, Haití, China, Colombia, México, Alemaña, Italia, Reino Unido, Turquía, Suecia, Dinamarca, Suiza, Bélxica, Australia e Lituania, entre as propostas audiovisuais destacan varias estreas en España e Galicia.
O equipo organizador desta segunda edición das xornadas internacionais lembra que o acto de inauguración terá lugar no propio Auditorio o vindeiro mércores 25 de novembro pola tarde, e as entradas están xa á venda cun prezo de 10 euros na web oficial (xociviga.com) a través da plataforma Entradium.
A apertura de portas da gala será ás 19,45 e o comezo do espectáculo ás 20,30 horas. O programa prevista contempla a proxección da obra mestra de Martin Scorsese “Taxi driver”, no 50º anviersario da súa estrea, contando coa mítica e inesquecible banda sonora composta por Bernard Hermann, que será interpretada en directo por un cuarteto de jazz, integrado por Sander Ulloa, Abraham Santiago, Luis Vivas e Loren Tabarés.
O certame está organizado pola Asociación Xociviga co apoio económico do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial de Ourense, ademais do patrocinio de Josuma S.L., Bodegas Viña Costeira e Povarelo e a colaboración de Café Candelas.















