Jacobo Senín imponse na subida a Vilar de Barrio a ritmo de récord

Jacobo Senín, sobre a súa habitual Nova Proto, foi o vencedor da segunda edición da Subida a Vilar de Barrio, que esta tempada debutaba no Campionato Galego de Montaña.

O piloto de Cuntis, que conta por triunfos as súas participacións na montaña autonómica en 2023, non so foi o máis rápido, tamén marcou un novo récord no rapidísimo trazado ourensán, cun tempo de 1:57,058, que rexistrou na segunda ascensión oficial do sábado. O seu tempo total foi de 3:54,617.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por detrás de Senín, que xa é matemáticamente campión galego de montaña en 2023, situáronse Abrahán Vázquez, co Fórmula Dicode (a 26,3 segundos) e Pablo Rey, co Fórmula SMB, a 26,5 segundos.

Dentro da categoría de carrozados, triunfo de autoridade de Jorge Pérez Alonso co Porsche 991 GT3 Cup cun tempo total de 4:39,872. A segunda posición foi para Juan José Couceiro co Renault 5 GT Turbo e a terceira para Javier Carballo, no Ford Escort MkI.

Entre os carcross da clase 9, primeiro posto para Beni Porto, seguido de Giovanne Iglesias.

En regularidade, novo triunfo para Miguel Ángel e Manuel Ángel Díaz, aos mandos do Nissan Micra. O segundo posto da clasificación foi para Alfonso “Sito” Cabral e José Manuel Quintas no Honda Civic.

O Campionato Galego de Montaña pechará a tempada no mes de novembro coa celebración da Subida a Taboada, que retorna en 2023 ao calendario logo de 17 anos de ausencia.