O Carballiño segue ca tendencia á alza, subindo hoxe ata os 120 contaxios

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 148 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 13 contaxios, ata os 120 casos activos. San Cristovo de Cea duplica a cifra, dos 4 ós 8 contaxios. Mesma cifra que Maside, que sobe un contaxio. O Irixo conta con catro casosBeariz e Boborás contan con tres casos activos. San Amaro e Piñor contan cun caso activo.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Ribeiro, Ribadavia sobe cinco casos ata os 38 contaxiados. Carballeda de Avia baixa un caso ata os 12 contaxios. Melón sobe ós 12 positivos. Leiro mantén seis casos activos. Cortegada, Cenlle e Castrelo de Miño contan con catrocasos cada un deles. Beade e Avión contan con dous contaxios cada un deles, e Arnoia conta cun caso activo.

A comunidade galega rexistra hoxe 1.038 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa notablemente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 10.204. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 37 (+2) están en UCI e 219 (+8) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 229 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.498 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 62 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=)  na UCI.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------