Unha moción de censura mañá decidirá o futuro de Castrelo de Miño

O grupo do BNG en Castrelo de Miño

Na xornada de mañá martes, 11 de xullo, a corporación de Castrelo de Miño reunirase para votar a moción de censura promovida polo Partido Popular ó actual goberno do Bloque Nacionalista Galego. A reunión terá lugar ás 12:00 horas na Casa Consistorial, no salón de plenos. Este pacto, que integra 3 concelleiros do Partdo Popular e os dous tránsfugos do PSOE,  Francisco Pérez e Jaime Fontanes,p propoñen como alcalde ó portavoz popular Avelino Pazos, e fundaméntase en tres medidas principais: aprobar os presupostos, o PXOM e repartir as áreas do goberno.

As negociacións, segundo aformaron ambos grupos, iniciáronse despois do pleno do 21 de xullo e quedaron pechadas ese fin de semana baixo un acordo de mínimos “grazas á vontade de traballo de dúas persoas que chegaron á política local para axudar ao progreso de Castrelo de Miño e non para ser simples espectadores do desorde no que está sumido o concello, do descoñecemento da xestión pública por parte do actual equipo de goberno, pola falta de proxectos e pola toma de decisións arbitrarias que non miran o interese xeral da veciñanza”, sinalou Avelino Pazos.

AVANTAR ACTIVIDADES