A Policía investiga un vertido ilegal de obras no parque municipal

A Policia Local abriu un expediente sancionador pola denuncia dun vertido ilegal de refugallos de obra no parque municipal do Carballiño. Investiga a autoría e procedencia do mesmo, co obxectivo de proceder á proposta de sanción correspondente, que pode oscilar entre os 900 e os 9.000 euros.

Tanto desde a Policía Local como da área municipal de Medio Ambiente, advírtese que este tipo de accións conlevan multas moi importantes, ademais de que supoñen un grave dano para o patrimonio medioambiental.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recórdase que este tipo de refugallos, así como outros residuos voluminosos, deben depositarse no punto limpo, onde hai contedores para tal fin.

Con demasiada frecuencia se producen este tipo de comportamentos incívicos e delitivos, que é preciso   denunciar e sancionar, e que deben facer reflexionar sobre a imperiosa necesidade de coidar o noso entorno medioambiental e natural, que é un patrimonio de todos.