O PsdeG celebra o comité provincial no que reivindican o seu papel como alternativa ó clientismo do PP e como “referente político” da provincia de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

Subliñouse a importancia dun momento que se cualificou como “crucial” para a provincia e destacouse que o PSdeG-PSOE de Ourense “é a única alternativa ao PP a día de hoxe”

Rafa Villarino destacou que o obxectivo final “é guiar a Ourense cara un futuro ilusionante e iso depende de nós. Unha viaxe así vale, por si mesma, todo o esforzo e entrega que poidamos dedicarlle”

HIPER MASIDE

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar o seu primeiro Comité Provincial despois do IV Congreso Provincial no que quedou ratificada a nova executiva provincial. Os e as socialistas reivindican o papel do PSOE ourensán como alternativa ao clientelismo do Partido Popular e como “referencia política” da provincia de Ourense a menos dun ano dos comicios electorais que decidirán o futuro da cidade, dos concellos e da provincia nos próximos catro anos.

Durante o Comité Provincial subliñouse a importancia dun momento que se cualificou como “crucial” e destacouse que o PSdeG-PSOE de Ourense “é a única alternativa ao PP a día de hoxe”. Neste senso, tamén subliñaron que o obxectivo “é pasar de ser a única alternativa ao Partido Popular a converter o partido no referente político de Ourense e debemos facelo mesturando ilusión con responsabilidade”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, apuntou que o PP “está desaparecendo da escena, estase esborrallando, cada día ten menos seguidores e votantes, polo que é o momento de que o PSdeG-PSOE se presente á sociedade como a referencia política en Ourense, e ese é o espírito que temos que inculcar dende hoxe”. O líder dos socialistas ourensáns tamén fixo fincapé en que “é o momento de reivindicar a volta a democracia e acabar cun clientelismo na provincia que non quere ninguén”.

Villarino afirmou tamén que “agora están gobernando na cidade e na provincia dúas persoas que ningún votante de Ourense desexaría que estiveran gobernando e todos sabemos o por que desta situación, que non é outra que manter os seus intereses espurios e unha política clientelar que ten que rematar”. O secretario provincial apuntou que “o futuro de Ourense pasa por un PSdeG-PSOE que se converte xa no referente de toda a cidadanía” e destacou que o obxectivo final “é guiar a Ourense cara un futuro ilusionante e iso depende de nós. Unha viaxe así vale, por si mesma, todo o esforzo e entrega que poidamos dedicarlle”.

O Comité Provincial comezou coa elección da mesa e a lectura do informe político do secretario xeral. Posteriormente procedeuse a aprobación do orzamento da Comisión Executiva Provincial para o ano 2022; a aprobación do plan de traballo de cara aos vindeiro ano, a aprobación do regulamento de funcionamento; a ratificación dos estatutos provincias do IV Congreso para a súa remisión ao Comité Nacional e por último a designación de representantes do Comité Provincial na Comisión Electoral Provincial.