A insignificancia das cativezas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«Sábio é quem monotoniza a existêcia, pois então cada pequeno incidente tem um privilégio de maravilha» (Fernando Pessoa, Livro do desassossego)

Iván Raña, home de varios oficios, dedicou toda a súa vida a currar nunha infinidade empresas e a zugar cervexas nas barras dos bares abertos a desora, para matar o tempo que lle sobraba. Traballou case sempre de albanel, mais tamén foi pintor, carpinteiro, ferreiro e incluso exerceu de fontaneiro municipal. Cando cobraba do erario público, para esfumarse do choio de de cando en vez, argumentaba que ía localizar unha fuga. Foi cando os expertos en sobrenomes lle puxeron o Fugas; e quedoulle para sempre. É ben certo que nunca foi un bo profesional, e o seu lema de cabeceira era: «traballa quen non serve para outra cousa». Cumpriu os cincuenta abrís coincidindo coa crise do 2008 e, ao perder a fe nas empresas e viceversa, o Fugas, aburrido da vida, deixouse levar pola abulia do descoido ata que decidiu arranxar os papeis para cobrar o paro. Percibiu a paga o tempo regulamentario e, nese tránsito da vida, comezou aceptando encargas para facer algunha chapuza.
Nesa situación, de perceptor  do paro e profesional clandestino, aínda botou unha boa tempada. Plaxioulle ao seu avogado a técnica da «provisión de fondos» e aprendeu dunha multinacional, na que traballara algún tempo, a refinada habelencia de financiar as cervexas á custa da clientela: pedíalle aos penitentes que demandaban os seus servizos un adianto, para mercar catro sacos de cemento e corenta ladrillos, gastaba a metade en birras e, coa outra metade, mercaba dous sacos e vinte ladrillos. Ao comezar a angueira, como cobraba a diario o correspondente á man de obra, xa dispuña da liquidez necesaria para matar a sede e adquirir o material pendente.
Hoxe en día, mercé a estes tempos de incerteza e desvarío, talvez por mor da guerra, da suba de prezos, da escaseza de profesionais e, sobre todo, por culpa do neoliberalismo asfixiante, ao constatar como medra a demanda dos seus servizos, o Fugas optou por normalizar a anormalidade, como fan moitas empresas e profesionais respectábeis; e deuse de alta no epígrafe de «autónomo somerxido».
O novo rei das reparacións domésticas goza de tanta demanda e ten tantos clientes que xa nin sequera precisa pedir provisión de fondos nin armar aquelas trangalladas financeiras para botar un trago. No seu afán de emular aos grandes, a formalidade do Fugas á hora de cumprir prazos, garantir calidade e outras obrigas non forma parte da súa idiosincrasia. Xa fai como todo cristo. O nivel das súas accións, a diferenza dos seus correlixionarios do Ibex, detéctase cunha facilidade espantosa: se entra no bar e pide unha caña, as cotizacións non andan ben; mais se a súa opción tabernícola é unha cervexa 1906, entón todo indica que os dividendos do Fugas medran marabillosamente.
[Hai uns días, o meu tío Lisardo faloume dos beneficios económicos duns colegas do Fugas, o Banco de Santander e e Iberdrola. Seica son os mellores da súa historia. Tamén me falou de moitos profesionais liberais, deses que traballan nas administracións públicas pola mañá e nos despachos privados pola tarde, e contoume que nunca asinaran unha factura na súa vida. E nós? Nós seguimos refungando contra as cativezas fiscais do coitado Iván Raña] 

Outros Artigos de Antón Jardón :

Don Alberto e a súa circunstancia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “