A insipidez minguante da esquerda cortesá

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«Respetando a los que van a manifestaciones, la paz no es patrimonio de ellos; todos trabajamos por la paz» (Margarita Robles)

A que lle chamará traballar pola paz esta ministra de Defensa que temos que padecer? Pois iso, «Antes muerta que sencilla, ay, que sencilla, ay, que sencilla», como di a canción. E despois estrañaralle á militancia socialista que Feijóo diga «al PSOE no le quitaría el sueño gobernar con los de Santiago Abascal». O dos Peares, malia ser un troleiro compulsivo, ás veces tamén lle escapa algunha verdade pola boca.
Hai unha evidencia pragmática, cada día máis patente, capaz de poñer de manifesto que os asuntos importantes, os moletes preñados de retrocesión democrática, sempre os cocen os tres de marras: VOX, PP e PSOE. Amásanos, moldéanos e cócenos por esta orde os tres gardiáns das esencias patrias. E a orde aquí non é unha cuestión menor. Mal que nos pese, son demasiadas as cousas que os unen: por moito que pretendan disimular os voceiros socialistas, Sánchez pacta a diario con Vox e, co partido de Fraga, tamén. Claro que gobernan xuntos. Non hai diverxencias entre a extrema dereita, a dereita aznariana e a mal denominada esquerda española cando a gobernación ten que ver coa defensa e protección absoluta da monarquía (antes esa esquerda era republicana), cando hai que defender a sacra unidade de España (antes era federalista), co militarismo incesante (antes era OTAN non e bases fóra) ou cando hai que tapar a masacre de Melilla e defender réximes revirados. E, os socios oficiais desa gobernación que fan? Xemen e quéixanse porque seica os desdeñan. Nada máis. Non nos enganemos, Margarita Robles cando fala exerce de voceira ideolóxica do goberno de coalición e, esquecéndose adrede do seu pasado, aplicando aquilo de «parvo es e en parvo te converterás», non ten reparo ni recato en meter no mesmo saco aos defensores da paz e ao new belicismo sanchista, mentres a nova sinistra (refírome ao aspecto), capitaneada pola nosa Yolanda Díaz, insinúa discretamente que, se hai que estar a favor de incrementar o gasto militar en 1000 millóns, estase. Iso si, sempre e cando non sexa en pólvora e mecha. Hai que goderse! Aquí non vale o discurso das prioridades, só existe o negro e o branco. Ou se está a favor dos antollos de Joe Biden ou se está en contra, non caben os matices, dona Yolanda.
 [O meu tío Lisardo pensa que estamos imbuídos entre a renuncia e a desidia da militancia. Tócanos vivir tempos acugulados de amoralidade e cinismo político, onde a democracia coxea por mor da incríbel frouxidade ideolóxica dos que nos gobernan, malia aburrirnos cada instante, pronunciando a palabra esquerda.Tristemente forman parte dunha esquerda que renega cada día dos seus principios, para satisfacer os gustos ideolóxicos de Vox e do PP, coa ben pagada axuda de determinados medios sistémicos, dispostos a colaborar neste novo adoutrinamento da insipidez minguante da esquerda cortesá, sen o menor recato].

 

Outros Artigos de Antón Jardón :

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “