Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

Na antesala de depositar a nosa papeleta na urna para elixir os políticos que nos van a representar nas Cortes españolas durante os próximos catro anos, abordar a figura do político desde unha perspectiva histórico-filosófica axudaranos a entender non só de onde vimos, senón a calibrar con maior rigor a responsabilidade do noso voto nas democracias actuais.
A figura de quen nos goberna sufriu unha das metamorfoses máis radicais da historia occidental. Se hoxe observamos a un político contemporáneo, atrapado entre enquisas de popularidade, asesores de imaxe, debates en redes sociais e promesas de campaña a curto prazo, custaranos recoñecer nel ao sabio co que soñaban os antigos gregos.
Para os gregos clásicos, a política non era unha profesión nin unha ferramenta de xestión tecnocrática, senón a dimensión máis alta da vida humana, o espazo onde se realizaba a xustiza e a virtude. Na República, Platón defende que o poder debe recaer en quen non o desexan, que son os filósofos. Argumentaba que os gobernantes tradicionais adoitan guiarse pola ambición, o desexo de poder ou a riqueza privada, o que leva á corrupción e á ruína da sociedade. Para el, a solución era que o poder político e o coñecemento da verdade e a xustiza (a filosofía) se unisen nunha mesma persoa: que os gobernantes actuais aprendesen filosofía, ou que os verdadeiros filósofos asumisen as rendas do Estado.
Para Platón, gobernar require coñecer a Idea de Xustiza e do Ben. “Quen debe gobernar son os filósofos, aqueles que aman a verdade, a sabedoría e a contemplación das realidades eternas e inmutables (as Ideas), en contraste con quen se apega ás opinións cambiantes do mundo sensible” (Platón: República, Libro VI). “Quen alcanzou a contemplación do Ben e da verdade non debe quedarse desfrutando da contemplación egoistamente, senón que ten o deber moral e cívico de regresar á escuridade da caverna, descender xunto aos prisioneiros e asumir o goberno da cidade, aínda que ao principio lle custe adaptarse de novo e os demais non o comprendan” (Platón: República, Libro VII). O político platónico non busca o interese particular nin o aplauso das masas, senón a harmonía da alma colectiva na sociedade. Advertía que, sen sabedoría, a democracia dexenera en demagoxia e esta en tiranía.

Na Política, Aristóteles define ao ser humano como un animal político (zoon politikon). O político non é un ser superior, senón o cidadán virtuoso que participa no goberno da polis buscando o ben común, a eudaimonía ou vida boa. A política é unha extensión da ética, pois non se pode ser un bo gobernante sen ser unha boa persoa.
Os estoicos, como Séneca, Epicteto ou Marco Aurelio, centraban a súa atención no foro interno e o dominio das paixóns, pero desenvolveron tamén unha teoría política moi influente baseada no cosmopolitismo e o deber. Para o estoico, o político actuaba impulsado polo deber cara á comunidade humana universal, exercendo o servizo como obrigación moral; Marco Aurelio gobernaba o Imperio Romano non por vaidade, senón como un deber asignado pola Natureza/Razón. Para o estoicismo, o político ideal é aquel que non se deixa corromper nin embriagar polo poder nin pola adulación, mantendo a temperanza, a xustiza e a serenidade (ataraxia) no medio das turbulencias da vida pública.
Con todo, o punto de inflexión do político aparece con Nicolás Maquiavelo e a autonomía da política. Coa chegada do Renacemento, Maquiavelo coa súa obra O Príncipe rompe radicalmente coa tradición clásica e cristiá. Maquiavelo establece unha separación entre moral e política, desposuíndo á política das súas aspiracións éticas ou relixiosas para convertela nunha técnica para conquistar e conservar o poder.
Con Maquiavelo implántase o realismo político, no cal o político do século XVI non busca a virtude moral como o ben supremo, senón a eficacia e a estabilidade do Estado, o que se coñece como a razón de Estado. Aparece así a figura do gobernante pragmático, que debe ser “raposo e león”, capaz de usar a astucia e a forza, adaptándose á cambiante fortuna –“o león non sabe librarse das redes que lle tenden os homes e a raposa sucumbe ante os lobos” (O Príncipe; cap. XVIII)-. Con Maquiavelo, o político deixa de ser un sabio buscador de xustiza para converterse nun estratega do poder.
O político do século XXI: un xestor mediático
Se contrastamos estes ideais históricos coa realidade das nosas democracias contemporáneas, o abismo é evidente. O político do século XXI opera nunha situación diferente ao estar radicalmente transformado pola globalización, a economía de mercado e a mediatización da vida pública. O que manda nestes momentos é a ditadura da mercadotecnia e o relato. Hoxe en día, a política converteuse nun produto de consumo rápido. O político contemporáneo depende con frecuencia máis de consultores de imaxe, gabinetes de comunicación, enquisas diarias e cálculos de redes sociais que dun proxecto intelectual profundo. Priorízase a emisión de emocións e slogans por encima da complexidade argumental. O que impera actualmente é o cortoplacismo electoral, xa que o político está sometido ao implacable ciclo electoral de catro anos e séntese incapaz de afrontar ou planificar reformas estruturais de gran calado, como son as melloras técnicas nas estruturas ferroviarias, a sustentabilidade das pensións, a redución da desigualdade ou os problemas da vivenda, porque estas non outorgan réditos electorais inmediatos.

Todo isto arrastra á polarización política e ao espectáculo mediático. O debate político desprazouse cara á confrontación polarizada, onde o adversario non é alguén con quen debater ideas, senón un inimigo ao que descualificar, reducindo a política a un produto de consumo rápido.
Como consecuencia deste xiro radical dos últimos tempos, aparecen críticas contundentes a este modelo político do século XXI. Habermas, Byung-Chul Han e diversos intelectuais contemporáneos diagnosticaron con dureza esta crise da política representativa. Jürgen Habermas refírese á perda da esfera pública, criticando como a política moderna baleirou o debate racional e comunicativo. Desde o seu punto de vista, a democracia deliberativa deteriorouse debido á influencia dos intereses económicos e dos medios de comunicación de masas, que converten o espazo público nun escaparate publicitario onde os cidadáns xa non argumentan, senón que consomen mensaxes políticas pasivamente.
Outros pensadores críticos sinalan nas súas análises a perda esencial do modelo político orixinal como servidor da sociedade e defensor da ética. O filósofo surcoreano Byung-Chul Han descríbenos a “sociedade do cansazo” e critica a falta de transparencia, manifestando que a política se converteu nunha mera xestión administrativa desprovista de ideais e carecedora dunha narrativa transcendente. A política actual carece de espírito utópico; só administra a apatía dentro do sistema capitalista global. Se miramos o presente, o contraste cos ideais clásicos é abafador.
Pero, a sociedade na que vivimos é unha sociedade que pasou de ser unha sociedade rexida pola prohibición e a disciplina -da que tanto escribiu Michel Foucault-, a unha sociedade encamiñada ao exceso de positividade e autoexplotación, como explica Byung-Chul Han no seu libro A sociedade do cansazo. Antes, a sociedade enfrontábase ao “tes que facer” -era a obediencia-, hoxe, con todo, aos cidadáns anímaselles a facer -ti podes facelo-.
No fragor dunha campaña electoral tan polarizada como a que comezou estes días en España, o ruído dos mitins, as enquisas diarias, os titulares polarizados e a procura desesperada do voto partidista eclipsan a mensaxe e evitan os seus argumentos. O relato imponse á descrición dos feitos.

Marco Aurelio
Que bo sería que despois de cada mitin, os políticos substituísen por uns momentos a estratexia dos manuais de comunicación política e lesen as Meditacións de Marco Aurelio, o gran emperador romano do século II. Entón, o debate público daría un envorco radical, porque axudaría a recuperar a altura intelectual e o sentido do deber, o que supón moito máis que un cálculo de mercadotecnia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade (II)”
Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade (I)”
Avelino Muleiro: “Schengen, ese pobo pequeno coa porta máis grande de Europa”
Avelino Muleiro: “Os sucos do tempo”
Avelino Muleiro: “En defensa da dignidade docente”
Avelino Muleiro: “Benvido, Daniel, a este lado da vida”
Avelino Muleiro: “As trampas da dialéctica”
Avelino Muleiro: “Liexa, a Cidade Ardente no corazón de Europa”
Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”
Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”
Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”
Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”
Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”
Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”
Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”
Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”
Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”
Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

















