Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade (II)”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


A política no novo paradigma

Non debemos esquecer como en política, a estupidez é tan común como a racionalidade. E todos os políticos, independentemente de que sexan persoas de principios, buscan o poder e están motivadas por intereses, propios ou alleos. Moitas veces hai intereses espurios que se defenden desde o goberno de xeito indecoroso e obsceno. 

En España estamos a deslizarnos sobre unha crise política grave e profunda. A gran maioría social é sabedora de que a clase política vive absolutamente afastada da realidade por estar exclusivamente afanada polo seu porvir. E para que non se note tanto o seu interese egoísta e corporativista tratan de confundir á sociedade desvíando a atención na procura de atopar inimigos cos que loitar no ring das ideoloxías tomando ao adversario político como o inimigo do cidadán.

Os debates parlamentarios, as declaracións nos medios de comunicación, as campañas electorais e as mensaxes lanzadas nas redes sociais revelan unha única mensaxe: atacar ao adversario para aniquilalo politicamente. Non envían mensaxes relacionadas cos problemas sociais nin propoñen solucións; e logo láianse de que son os medios de comunicación e as críticas dos propios cidadáns quen poñen en perigo a democracia. Eles son quen realmente a poñen en risco coa corrupción, cos programas electorais incumpridos, coas mentiras vendidas como posverdades, coa transgresión do principio democrático de que todos somos iguais ante a lei (promúlganse leis que só benefician aos políticos), coa ruptura da separación de poderes… e sobre todo cos malabarismos e cambadelas no ámbito xurídico.

Os últimos escándalos políticos relacionados coa xustiza reflicten con total evidencia o desgaste democrático. A loita fratricida entre partidos pola configuración dos altos tribunais de xustiza -Tribunal Supremo, Tribunal Constitucional, Consello Xeral do Poder Xudicial, Fiscalía Xeral do Estado- para garantir no futuro o éxito dos seus intereses, insulta á nosa intelixencia e fulmina a moral.

A xustiza española está a mostrar nestes momentos a cara máis vergoñosa, ridícula, sarcástica, estúpida e desafiante que se lembra. Pero xa dixera Napoleón que a estupidez non é unha desvantaxe para algúns. O malo de todo isto é que a estupidez política inflúe no comportamento da sociedade e, o que é máis preocupante, que no presente a estupidez eclipsa a racionalidade e atópase nun estado de crecemento e desenvolvemento como xamais o vimos nas nosas vidas. O exemplo máis evidente está na xustiza do noso país, observando perplexos os últimos escándalos xurídicos nos que queda reflectido con absoluta evidencia o desgaste democrático desta sociedade. E non debemos esquecernos de que un dos valores morais que debe custodiar a política sobre calquera outro é a xustiza que, tal como demanda Rawls, debe ser equitativa e imparcial. Esa xustiza é a responsable de darlle á orde social o cualificativo de “socialmente xusta”, tratando de equilibrar os dereitos cos deberes, no canto de limitarse ou ben aos dereitos ou ben aos deberes. Con todo, advertimos, sorprendidos, como Tribunais xurídicos (Tribunal Constitucional) xulgan a outros tribunais (Tribunal Supremo) rebatendo as súas sentenzas, como no caso da amnistía. Asistimos ao espectáculo escandaloso de Fiscais (como o Fiscal Xeral do Estado) que son investigados por conculcar os principios deontolóxicos do seu cargo. Alucinamos co Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) que está totalmente politizado e que, tendo como misión garantir a independencia da xustiza, faga a vista gorda ante os desmáns dos Tribunais e das súas sentenzas, xerando inestabilidade política e desconfianza na xustiza. É incuestionable que os tribunais de xustiza españois están absolutamente ideologizados, pois son os propios partidos políticos os que propoñen os xuíces que conforman os tribunais tratando de garantir o éxito dos seus intereses partidistas ad futurum. A poucos cidadáns se lles escapa a deterioración democrática da sociedade española, comprobando como a separación de poderes desapareceu en aras do poder executivo.

            A maquinaria política ten nesta democracia do século XXI unha misión deliberadamente pragmática, que consiste en seducir á cidadanía coa persuasión en lugar da convicción. A persuasión é unha estratexia para conseguir a adhesión de vontades mediante aspectos emocionais, mentres que a convicción consiste en lograr unha adhesión a través de argumentos lóxicos. Na convicción intervén sempre a verdade, que se ten que manifestar con franqueza -aínda que non guste-, sen rodeos e sen medo ás consecuencias. Os gregos e romanos tiñan esa cultura da convicción, que denominaban parrhesía,permitíndolles aos cidadáns cuestionar os gobernantes e dicirlle sen medo a verdade ao poder. Porén, nesta tensa e asañada sociedade, a persuasión parece dominar no actual deseño democrático. Foucault explicaba que a parrhesía non ten cabida na democracia: “A democracia -publicaba Foucault- non é o lugar onde a parrhesía se exerza como un privilexio e un deber”.

            Os cidadáns observamos como a actitude e proceder da clase política non responde ás nosas expectativas, por iso consideramos que a política nestes momentos non é máis que un construto mental utilizado exclusivamente como un modelo e un postizo pretexto de múltiples debates promovidos desde unhas institucións reais do Estado. Pero calquera destes debates está demasiado lonxe de xustificar, de explicar e de encarar a realidade social.  

É unha política de metaverso onde se intentan dirimir xogos de tronos. Nestes xogos, a historia e as narrativas son máis poderosas que calquera poder político ou militar. Como di Tyrion Lannister, un dos personaxes da serie: “Non hai nada máis poderoso no mundo que unha boa historia. Ninguén pode detela. Ningún inimigo pode vencela”. O poder non reside nos tronos ou nas armas, senón na percepción da xente. Ou, como manifesta Lord Varys: “O poder reside onde as persoas cren que reside. É un truco, unha sombra na parede. E así un home moi pequeno pode proxectar unha sombra moi grande”.

Estas son as mensaxes dos discursos políticos que calan na sociedade e que a gran maioría dos cidáns non se cuestiona. Hai rubor a opinar en contra da masa e un enorme temor ao poder establecido, razón suficiente para que cada vez se acrecente máis o rabaño ideolóxico.

Nese xogo de tronos, a ambición excesiva polo poder e os conflitos entre as castas nobres levan a unha espiral de violencia e destrución. Confésao Cersei Lannister: “Cando se xoga ao Xogo de Tronos, só se pode gañar ou morrer. Non hai termo medio”.

Xogo de Tronos transmite unha mensaxe sobre o poder das narrativas, sobre a natureza cíclica da historia e sobre a necesidade de aprender dos erros do pasado para construír un futuro mellor. A filosofía da política actual parece responder á impactante frase de Cersei Lannister: “Os deuses non teñen piedade, por iso son deuses”. Para a política actual o poder e a supervivencia son os únicos obxectivos.

            Logo destas consideracións, cabe abrir unha reflexión profunda e preguntarnos: Realmente está en risco a democracia? Teremos que responder que o seu percorrido na sociedade non é doado. Xa o advertía Rousseau: “Un estado de deuses  gobernaríase democraticamente, pero un goberno tan perfecto non convén aos seres humanos… Nunca houbo verdadeira democracia, e nunca a haberá” (O contrato social). Aínda que tamén avisaba: “Nunha democracia nunca se corrompe ao pobo, pero frecuentemente se lle engana” (Rousseau: Contrato social).

Eses extraordinarios ilustrados do século XVIII, que a nivel teórico reivindicaban os sistemas máis democráticos e xustos, decatábanse da dificultade de seren instituídos e consolidados na sociedade. Kant reivindicaba no seu libro A paz perpetua o goberno  republicano como un “Estado de anxos”, pero  que os seres humanos son incapaces de vivir nunha constitución tan sublime dadas as súas tendencias egoístas.  

Moito antes destes referentes ilustrados, Platón xa rexeitaba a democracia (directa) non só por unha razón emocional – foi unha asemblea democrática quen condenou ao seu mestre Sócrates-, senón e sobre todo por unha razón teórica: porque a democracia, ao seu entender, é o goberno do “vulgo”, de individuos que se definen basicamente pola ignorancia e pola súa ambición de pracer. Tanto Platón como o seu discípulo Aristóteles criticaban a democracia (directa) porque nela había o risco de que o goberno opinase e votase de forma irracional sobre proxectos importantes da sociedade dada a súa profunda ignorancia.

Ese prototipo de individuo inculto, vulgar, ordinario… que configura, invade e modela á sociedade democrática, definiuno con extraordinaria perspicacia e lucidez Ortega y Gasset: o home-masa. O home-masa é o arquetipo de persoa que aterrou na vida para facer o que lle pete. É o neno mimado, o “señorito satisfeito”. Cando a vida do “señorito satisfeito” se converte en figura predominante na sociedade, é preciso dar a voz de alarma e anunciar que a vida se acha ameazada de dexeneración, é dicir, de relativa morte. O home-masa herdou das xeracións anteriores a civilización, as comodidades, a seguridade económica, os produtos tecnolóxicos, o ensino para todos, a sanidade pública… Este novo personaxe reflicte con precisión a ilusión propia “do fillo de familia”, porque no ámbito familiar, todo, ata cos maiores delitos pode quedar impune. Ese señorito cre poder comportarse fóra da casa como na casa, pensando que nada é fatal e irremediable. E isto é unha auténtica barbaridade. A revolución dixital colabora nesas tendencias individualistas do home-masa transformando a cultura, o pensamento e os comportamentos da persoa. Por iso, o señorito satisfeito dixital non distingue entre a realidade e o mundo virtual. Non sabe a diferenza que existe entre o ben e o mal.

Cada día, os medios de comunicación informan do vandalismo, dos asaltos, das liortas, dos acosos sexuais… que se orixinan con sentido de total impunidade, o que nos debe inducir a pensar na audaz situación pola que deambula esta sociedade.

Vivimos no ámbito do individualismo, soamente limitado pola esixencia da tolerancia absoluta. Cada un constrúe a súa propia vida sen ningunha referencia aos valores esenciais nin sacrificio polos demais. Pero debemos pensar que toda a clase  política e todos os gobernos proceden desta mesma sociedade. Todos son fillos dela e, polo mesmo, algunha responsabilidade debemos ter na súa elección como representantes nosos.

Por que non se buscan solucións a esta situación de malestar xeralizado? Onde están os intelectuais e as súas críticas na procura de alternativas? A esta última interrogante, con manifesta visión profética, xa contestou hai décadas Ortega y Gasset:

“No es admisible que las personas obligadas por sus relevantes condiciones intelectuales a asumir la responsabilidad de nuestro tiempo vivan, como el vulgo, a la deriva, atenidas a superficiales vicisitudes de cada momento, sin buscar una rigurosa y amplia orientación en la historia… Los pueblos europeos están desde hace siglos habituados a que conforme van aconteciendo los cambios históricos haya gentes que se encargan de intentar aclararlos, de procurar definirlos. Ha sido esta la labor de la pura intelectualidad… la realidad es que los organismos sociales europeos estaban habituados a contar con que se haga luz sobre lo que va pasando…. Pues bien, por primera vez desde hace muchos siglos esa labor de esclarecimiento ha quedado incumplida durante los últimos años. Los más auténticos intelectuales, por razones diversas y bien fundadas, han guardado absoluto silencio” (J. Ortega y Gasset: Meditación de Europa).

Temos que admitir que habitamos unha sociedade onde se impoñen os criterios das masas, os gustos do rabaño e as modas da colectividade, e iso explica que, sen solución de continuidade, pasemos de admirar a Luis Eduardo Aute, a Joan Manuel Serrat e a Rocío Jurado para, deseguido, exaltar e aplaudir a un chiquilicuatro. Sen ningunha dúbida, consumouse o triunfo da vulgaridade.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “O triunfo da vulgaridade (I)”

 Avelino Muleiro: “Schengen, ese pobo pequeno coa porta máis grande de Europa”

Avelino Muleiro: “Os sucos do tempo”

Avelino Muleiro: “En defensa da dignidade docente”

Avelino Muleiro: “Benvido, Daniel, a este lado da vida”

Avelino Muleiro: “As trampas da dialéctica”                

Avelino Muleiro: “Liexa, a Cidade Ardente no corazón de Europa”

Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”

Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”

Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”        

Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”

Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”

Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”

Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”“

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo : ” Reclamos tóxicos “

Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)   ”

Artigo : “ Crise de Valores “

Artigo : ” A paz perpetua ”

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “

Artigo : ” Regreso ao futuro “

Artigo : ” Parte de guerra ”

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------