O concello de Ribadavia entrega material covid ós centros educativos

O Concello de Ribadavia continúa traballando en tarefas de prevención anti-COVID. A pesar da boa situación na que se atopa Ribadavia, que nada ten que ver coa vivida fai un ano, a súa alcaldesa, Noelia Rodríguez, asegura “que se debe continuar con tarefas de prevención”.

Así, o Concello ven de mercar un novo pedido de 10.000 máscaras para repartir entre os escolares de Ribadavia. Esta semana realizouse a primeira entrega de 5.000 máscaras infantís, e 5.000 máscaras estándar. Ademais, no comezo do curso, a alcaldesa afirma que se tomou a decisión de adquirir medidores de CO2 para analizar o estado do aire das aulas, para facilitar a súa ventilación e evitar innecesariamente frío nas aulas

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, Noelia Rodríguez fixo fincapé na decisión municipal do reforzo de persoal para a desinfección en tarefas de limpeza e prevención, tanto no Colexio CEIP Plurilingüe Ribadavia como nos do CRA Amencer.