Ribadavia baixa ata os 18 casos activos e Leiro, ata os 23

O número de afectados no concello de Leiro dos 26 ós 23 casos activos, tres menos ca onte.  Onte comezou a vacinación fronte a covid na residencia de maiores Quercus de Leiro. Recordamos que no último mes, a residencia fixo fronte a un brote que afectou a case todos os residentes e a parte dos traballadores. A pasada semana comezaron as boas novas, cun descenso de casos moi evidente. A día de hoxe, so faltan catro residentes por dar negativo en PCR, unha proba que se lles realizou hoxe e que obterán o resultado o próximo xoves, esperando contar con todos os residentes libres de covid.

Publicidade

Ribadavia presenta hoxe 16 casos activos, dous menos ca na xornada de onte, que rexistraba 18. O concello de Melón mantén ós 5 contaxios. Avión mantén os 6 casos activos e Beade segue con 5 casos activos. Cenlle mantén 4 casos activos e Arnoia 3. Carballeda de Avia baixa hoxe para contar cun so contaxio e  Castrelo de Miño ten un caso activo. Cortegada é o único concello libre de coronavirus.