
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do comité clínico. A situación de Galicia é boa, cun descenso atenuado de casos activos e de incidencia acumulada aínda que a situación da UCI non da tregua.
O Carballiño, que estaba en nivel medio, pasará dende este venres a nivel medio-baixo, ó seguir afianzando unha tendencia á baixa nos últimos días. Deste xeito, todos os concellos do Carballiño e O Ribeiro están neste nivel máis baixo.
Ademais, o comité traballa co sector hostaleiro para manter a seguridade e ampliar a súa actividade. Unha das novidades deste novo documento será a posibilidade de utilizar a barra.