O Festival do Teatro Galego ofrecerá catro espectáculos do 13 ao 16 de decembro

O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá a 34ª edición do Festival do Teatro Galego entre os días 13 e 16 do presente mes de decembro, cun total de catro espectáculos escollidos pola organización e cos que se pretende amosar ao público unha escolma do panorama actual da escena da nosa Comunidade. A programación do FETEGA foi presentada hoxe na Casa do Concello do Carballiño nun acto no que participaron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o vicepresidente 2º da Deputación de Ourense, César Fernández, o director do certame, Carlos Ledo, e varios integrantes das compañías participantes.

Carlos Ledo destacou a implicación de Deputación e Concello:

AVANTAR ACTIVIDADES

A representante de Redrum Teatro, Laura Míguez, comentou aspectos da montaxe “O pequeno poni”

Por parte de Barafunda, Manuel Castro falou de “Antón, un neno diferente”:

Pechou o acto Diego Fernández:

O programa do FETEGA abriráse o mércores 13 no auditorio cunha función infantil, “Antón, un neno diferente”, que será representada por Barafunda ás 11,30 horas, mentres as sesións para adultos serán ás 20,30 horas entre o xoves 14 e o sábado 16. Éstas corresponderán aos espectáculos “O pequeno poni”, de Redrum Teatro, o día 14; “As damas de Ferrol”, de Teatro do Noroeste, o 15, e, finalmente, “Testosterona”, de Malasombra,   o 16 de Decembro. Agás a sesión infantil, que será de balde, as entradas terán un prezo de 8 euros por función, coa posibilidade de adquirir un bono de 20 euros para os tres días.

Terá lugar en Nadal no Carballiño, do 13 ao 16 de decembro e abrirá as funcións unha obra infantil, de balde para o alumnado dos centros educativos do Carballiño.

Na presentación oficial na Deputación de Ourense estiveron presentes Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación provincial, e Carlos Ledo, director do festival.

O groso das funcións terá lugar ás 20.30 h no auditorio municipal a un prezo de 8 euros na venda anticipada, podendo mercar o abono por 20 euros. As entradas poderanse mercar en ataquilla.com ou ben a través da web festivaldoteatrogalego.com. Xa na billeteira os prezos serán de 9 euros a función solta e 25 o abono. O evento contará, como é habitual, cunha programación variada e de calidade, con actores e actrices de recoñecido prestixio, tales como Guillermo Carbajo, Camila Bossa, Luís Iglesia, Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Laura Míguez, Nerea Rodríguez, Luís Vázquez, Aldara Vázquez…

O FETEGA, que habitualmente se viña celebrando a primeira semana de setembro, traslada a súa programación a decembro, nas datas previas ao Nadal. A intención da organización é testar estas datas no calendario de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila. Ademais, entre as novidades que incorporará, figurarán diversos sorteos entre o público asistente.

No marco do festival, único na nosa comunidade que conta con todas as obras en galego, entregaranse os premios Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo, escollido polo público, así como o premio de honra.