O PSOE de Leiro impugna o pleno de orzamentos e retribucións celebrado o pasado luns, ao considerar que o goberno municipal cometeu unha “fraude de lei” e xerou unha situación de “indefensión absoluta” para a oposición.
Denuncian que, a pesar de que o pleno foi convocado o 13 de marzo, o alcalde negou sistematicamente o acceso ao expediente durante a semana previa, e a documentación crave non foi enviada ata o sábado anterior ao pleno en horario inhábil, o que lles deixou apenas unha hora e media de tempo hábil para analizala.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ante o que cualifican como un “atropelo democrático”, os socialistas abandonaron a sesión e presentaron unha denuncia formal ante o Consello de Contas de Galicia, con probas do envío fóra de prazo e da impugnación rexistrada. Aseguran que non serán “cómplices deste teatro” e defenderán a transparencia en todas as instancias necesarias.









