Expourense retoma a vacinación masiva ca terceira dose fronte a covid

IES CHAMOSO LAMAS

As xornadas de vacinación volveron a Expourense. A inoculación da terceira dose continúa, pero agora de xeito masivo. Ata o de agora, administrouse a terceira dose nos centros da saúde, para maiores de 80 anos, ó mesmo tempo ca vacina da gripe. Agora comézase co rango de idade entre os 70 ós 79 anos e ca administración de Pfizer e Moderna. Onte estaban citadas 3.620 persoas en Expourense, 410 en Valdeorras e 410 en Verín. Hoxe foron chamadas o mesmo número de persoas.

Polo de agora, en España, so está autorizada a vacinación ca terceira dose a persoas maiores dos 60 anos, e en idades menores aínda está en proceso de revisión.

HIPER MASIDE