Música e cine esta fin de semana no Parque Náutico de Castrelo de Miño

Mañá sábado temos unha cita ca música no marco das actuacións Solpores no Náutico, da man o grupo carballiñés Sueños de Ítaca. A actuación será das 21:30 horas ata as 23:00 horas aproximadamente. Será necesario reservar, no teléfono 988 49 33 45.

O próximo día 19 de xullo ás 22:30h proxectarase a película “María Solinha” de Ignacio Villar no Parque Náutico de Castrelo de Miño. As entradas son gratuitas e está dispoñibles na Casa do Concello. O aforo será limitado e será obrigatorio o uso de máscara facial.

AVANTAR ACTIVIDADES