O IES nº1 celebra o Día da Árbore con actividades en prol da biodiversidade implicando ós alumnos

O profesor José Manuel Bouzo Limia do IES nº 1 do Carballiño puxo en marcha unha iniciativa cos seus alumnos que consiste no fomento da biodiversidade. Hoxe, para celebrar o Día da Árbore, puxeron en marcha o plantado de castes novas e a reposición das que xa feneceron, co que colaboran na aportación de alimento para moitas especies de fauna. O seu traballo tamén consiste en ofrecer auga ós animais a través de varias iniciativas coma os bebedeiros sempre-cheos .

Ademais, hoxe presentaron un traballo no que levan inmersos dende xaneiro, aínda que a iniciativa leva oito anos en marcha: a creación dun hotel para insectos. Foron pioneiros en levar a cabo un traballo deste tipo. Deste xeito, nunha infraestrutura de dez pisos ofrecen todo o necesario para atraer e protexer a diferentes tipos de insectos e paxaros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os nenos son moi protagonistas nesta iniciativa, e amósanse motivados e orgullosos co traballo feito. Hoxe falamos con algúns dos que traballaron máis arreo.