Ribeiro en Común insiste na necesidade de realizar test as traballadoras de Axuda no Fogar

Ribeiro en Común insistimos na necesidade de realizar test á todas as traballadoras de Axuda no Fogar.

Publicidade

Reclamamos Test e melloras laborais para o servizo de Axuda no Fogar de Ribadavia.

Afortunadamente todo vai moi ben e a súa labor está sendo encomiable e con moita profesionalidade. Por iso o noso grupo está reclamando que:

1º. se lle dea o respaldo que merecen, a través da realización da proba-test que lle daría maior tranquilidade para desenvolver o seu traballo.

2º. reclamamos que ese recoñecemento profesional se plasme desde o Concello nunha mellora das condicións laborais das traballadoras, incluíndo tamén nesa mellora unha subida salarial.

Ribeiro en Común levamos desde fai un mes reclamando a realización de probas- test ás traballadoras municipais deste Servizo. Cónstanos que o seu funcionamento está sendo moi bo e por iso, o noso grupo considera que a mellor maneira de recoñecer o gran traballo que fan para coidar aos nosos maiores é facilitándolles os medios axeitados para desenvolver o seu traballo.

Así mesmo, a realización de test faise máis urxente cada día que pasa, xa que as traballadoras, que fan unha labor encomiable, deben poder desenvolver a súa actividade con garantías e tranquilidade que este traballo rquire. O Concello debe prover a estas traballadoras das probas, exixíndollo ao Sergas, pero tamén sendo activo na procura doutras opcións ante a negativa deste organismo a facilitalas.

O Concello de Ribadavia non pode permanecer paralizado por máis tempo e debe contratar a unha empresa externa a realización de ditos test de maneira urxente. Esta é a mellor forma de recoñecer o traballo que realizan.

Diante da nosa reclamación, desde a Alcaldía no lugar de asumir a nosa petición optouse por calumniar e acusar á oposición municipal de pedir cousas que o Concello non podía facer, cando agora se demostra que a alcaldía mentía.

Así se comprobou o pasado venres cando un grupo de bombeiros do Concello de Ourense acudía a unha clínica privada a realizar pola súa conta ditas probas.

O mesmo aconteceu con Empresas privadas que xestionan Asilos, cando optaron por realizar probas-test a través de clínicas privadas.