Noa Rodríguez Nogueira do IES M. Chamoso Lamas cunha nota de 9,78 convertiuse na cuarta mellor nota da provincia nas probas ABAU

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este xoves entregáronse no multiusos fontes do Sar os diplomas que acreditan aos mellores expedientes logo de realizar as ABAU. No acto, que organiza a Universidade de Santiago, estivo presente a alumna Noa Rodríguez Nogueira do IES M. Chamoso Lamas que, cunha cualificación final dun 9,78 convertiuse na cuarta mellor nota da provincia e logo de sumarlle a parte específica vaise a un 13,680, rozando a perfección que se acada cun máximo de 14.
Noa, que estudiou tanto o bacharelato como a ESO no IES M. Chamoso Lamas, plantexa agora o seu futuro pensando nun dobre grado de criminoloxía e psicoloxía.
Noraboa por eses resultados