Nota do Bng: A alcaldesa da Bola di agora que encargou un uniforme de policía que “nunca chegou o Concello”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

·        Na contestación por escrito ás preguntas do BNG tampouco aclara como o falso policía local tivo acceso a un vehículo municipal.

O Concello de A Bola encargou un informe xurídico sobre a policía local (aos efectos de coñecer a normativa) e simultaneamente falouse cunha empresa suministradora de uniformes (para averiguar custes) a cal quedou en enviar un uniforme xenérico (sen distintivo municipal) de xeito provisional e a expensas do resultado do informe xurídico (informe que resultou negativo). O uniforme nunca chegou o Concello da Bola nin foi recepcionado por persoal do Concello, consecuentemente non se entregou nin se puido entregar a ninguén”, di a alcaldesa da Bola, Teresa Barge (PP), na resposta por escrito ao BNG, que demandou do Concello da Bola explicacións a respecto da presunta contratación dunha persoa que durante horas se fixo pasar por axente de policía local e, segundo testemuñas, utilizou un vehículo de Protección Civil propiedade municipal.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No referido ao uso do vehículo, a contestación da alcaldesa tamén xera dúbidas sobre o control que o Concello ten sobre o mesmo.

Di Teresa Barge que “o vehículo de Protección Civil, e polo tanto as chaves do mesmo, están ao dispor dos voluntarios para os fins propios da agrupación. Polo xeral, os voluntarios, cando o precisan, pasan a recollelas chaves polas oficinas municipais”, sen aclarar quen foi a responsábel de facilitar as chaves á persoa que se fixo pasar por policía local e fixo uso do vehículo.  

O BNG solicitará ese informe “xurídico” ao que se refire a alcaldesa así como a constancia do encargo do “uniforme xenérico” e explicacións sobre que motivou tales xestións, dado que Teresa Barge non aclara cal foi a relación do Concello da Bola con ese falso policía nin se o Concello facilitou esta persoa un uniforme nin tampouco como puido acceder a un vehículo propiedade municipal.

RESPOSTA DA ALCALDESA

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------