A Deputación de Ourense entrega á Federación de Comercio 3.800 pantallas faciais doadas por Asime e a Universidade de Vigo

Entrega de pantallas de protección facial por parte de Deputación Ourense o seu Presidente Manuel Baltar e da Universidade de Vigo a súa ViceReitora Esther de Blas á Federación de Comercio de Ourense representada pola súa Presidenta Beatriz Gómez Valcarcel, para o seu reparto nos establecimentos da provincia.

.O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, fixo entrega á Federación de Comercio de Ourense dun lote de 3.800 pantallas faciais -destinadas a todos os comercios da provincia-, doadas pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e a Universidade de Vigo. O acto de entrega, que tivo lugar no Pazo Provincial, contou coa participación, ademais de Manuel Baltar, da vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.
Esta iniciativa, na que a Deputación de Ourense colaborará na repartición, enmárcase, segundo Manuel Baltar, nas medidas que leva a cabo a institución provincial na súa loita contra o COVID-19, e neste caso concreto o material vai dirixido ao sector do comercio, un ámbito que o goberno provincial considera estratéxico e co que mantemos políticas específicas de colaboración para contribuír á súa reactivación na provincia de Ourense, expresa o presidente.
Baltar fixo estas declaracións ao termo da reunión semanal do Comité do Día Despois, iniciativa pioneira en España que puxo en marcha o presidente da Deputación co obxectivo de planificar a saída económica da crise do coronavirus inmediatamente despois de que se levante o estado de alarma, e destacou que a Deputación de Ourense ?dá máxima prioridade ao apoio de autónomos, comercio e Pemes na nosa provincia?, anunciando que a Xunta de Goberno de mañá venres aprobará unhas novas bases de axudas para estes sectores ?cuxo relanzamento temos a obrigación de impulsar desde o goberno provincial para que canto antes recupere os índices de prosperidade económica de antes da crise do COVID-19?, comenta Baltar.
As pantallas protectoras foron producidas pola Plataforma Galicia EscudoCovid19, unha iniciativa solidaria de ámbito nacional, coordinada en Galicia pola Universidade de Vigo e Asime, a través do Centro de Investigación Tecnolóxico-Industrial (CINTECX) e dos Campos de Especialización Vigo Tecnolóxico, coa participación de máis de 20 empresas galegas: Adhex, Dalot, Dativic, Lupeon, MCSyncro, Mepronor, Plascies, Plymouth, Troqueles Galicia e Valver, Asesoría e Consultoría de Empresas Despachos Asociados S.L., Cerradoras López Galicia, Coren, Distevi, Gadisa, Fabricacións Parma, Instalacións do Noroeste, Itera Técnica, Laser Galicia, Metaldeza, Onice Estudos e Proxectos, Resinas Castro, Royal Roos Enxeñaría, Solmecor, Umiametal, Utingal e Vigumat. Os escudos están feitos de PET, plástico utilizado polo sector da alimentación e que se pode desinfectar facilmente para o seu uso continuado.