O BNG no Concello de Ourense reafírmase. Asinará a moción de censura en canto se presente no Rexistro municipal

Así o manifestan desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense. lembran os nacionalistas que a presentación da moción de censura a través do Rexistro do Concello é o procedemento establecido e o paso previo para poder debatila.

AUDIO ( Premer na Imaxe )

AVANTAR ACTIVIDADES


Ante o anuncio feito polo PSdeG-PSOE de depositar nunha notaría da cidade a moción de censura para que o resto de grupos acudan á súa sinatura, desde o BNG entenden que estamos diante de máis xogos florais pois o procedemento válido pasa por presentala no Rexistro do concello.

Para o BNG é preciso que tanto PP como PSdeG-PSOE rematen dunha vez por todas co lamentable espectáculo que veñen ofrecendo desde hai case dous meses e onde os intereses de partido de ambas formacións estánse impondo ao interese xeral da cidadanía de Ourense. ” A veciñanza non merece o que PP e PSOE están a facer”.

O voceiro nacionalista Luis Seara afirma que “Xa está ben de que Feijóo e Gonzalo Caballero sigan xogando con Ourense e sen facer os deberes, o problema non é, nin se resolve, indo ao notario, senon presentando no Rexistro do concello a moción de censura”.

Segundo Seara “o BNG deixou claro o seu posicionamento desde o primeiro momento, moción de censura e que goberne a lista máis votada e hoxe, catro de novembro, dous meses despois, reafirmámonos. Que presenten a moción no Rexistro do Concello e alí estará o BNG para asinala”.

Luis Seara insiste, “O BNG non é o problema, desde o principio ofrecémonos como solución ao bloqueo, ao caos e a parálise na que estamos sumidos pero para elo fan falla 14 sinaturas válidas”.

Lembran desde o Grupo Municipal que namentre PSdeG e PP siguen antepoñendo intereses partidistas e mesmo persoais aos do conxunto da veciñanza, o Concello de Ourense continúa paralizado, sen respostas ás demandas veciñais e sen unha folla de ruta que permita abordar con seriedade e rigor, a grave situación económica, social e sanitaria derivada da pandemia.